Dispoñibles os libros de resumen e actas do congreso ArCaDia 4

Publicacións ArCaDia 4

Xa están dispoñibles para a súa descarga en pdf o libro de resumos e o libro de actas do pasado congreso ArCaDia 4, do que tamén tedes otro resumo no noso episodio 11 de Habitando. 64 e 251 páxinas respectivamente que non teñen desperdicio.

O IV Congreso de Arquitectura e Cooperación ao Desenvolvemento ARCADIA 4 foi organizado este ano pola Universidade da Coruña: a Escola Técnica Superior de Arquitectura e a Oficina de Cooperación e Voluntariado. Celebrouse os días 29 e 30 de setembro na cidade da Coruña dando continuidade ás tres edicións celebradas anteriormente en Madrid, Las Palmas de Gran Canaria e Sevilla. O seu tema principal foi “O senso social do hábitat”, centrándose no aspecto social do hábitat, na relación complexa da sociedade humana co seu hábitat.

Arquitectura Sen Fronteiras participou neste congreso formando parte do comité científico coa presenza de Soledad Bugallo na revisión de comunicacións e moderando a mesa redonda do módulo 3 do congreso: Mulleres. Desde a habitabilidade básica á xestión social do hábitat. Tamén foi presentado, neste mesmo módulo, o documental El Derecho a un Techito. As persoas voluntarias de ASF tamén deron apoio loxístico á organización do congreso.

Felicitamos novamente ao seu equipo organizador e agradecémoslles poder contar con ambas publicacións.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.