DiversidArte organiza unha exposición fotográfica sobre Mulleres Colleiteiras

DiversidArte 2016Do 16 ao 31 de decembro a cita en Coruña será DiversidArte, unha mostra de arte que aposta pola diversidade, xa que como pon a súa páxina web todo o que imos ver, escoitar, sentir, saborear, bailar e disfrutar está feito por persoas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social.

Exposicións de pintura, ilustración, fotografía, escultura, xoiería, poesía, actuacións musicais, teatro, improvisacións, proxeccións, mostras de cociña… Onde? Non busques un lugar ao que asistir, busca moitos. A mostra repártese por diferentes locais repartidos por varios barrios da cidade.

Un deles, A Escondita, acollerá unha exposición fotográfica que mostra o día a día do traballo de Mulleres Colleiteiras. Esperámosvos alí!

Next Post »

Deixar unha resposta