Cursos

Cursos online a través da plataforma ASForma e presenciais organizados por Arquitectura Sen Fronteiras e abertos a calquera persoa interesada.

Logo ASForma

Hábitat a Escala Humana
O dereito ao hábitat dende un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible

Modalidade: en liña
Organizado por: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Idioma: Galego e Castelán
Horas lectivas: 60

Descrición: nova etapa deste curso de especialización en hábitat dende un enfoque de dereitos. Realízase un achegamento antropolóxico ao término e ás súas dimensións transversais entendendo o xénero como variable fundamental nos procesos de construción de hábitat. Ofrécense ferramentas consolidadas para a súa xestión e intervención social a través de estratexias participativas.
Módulos:
1. Introdución ao hábitat
2. Hábitat e xénero
3. Xestión social do hábitat

Periodicidade: Anual
Datas: Setembro a novembro de 2018
Prezo Curso completo: 120€ / 100€ persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras ou Enxeñería Sen Fronteiras, e matrícula anticipada

Matrícula: Ata o 31 de agosto

Trans-Formando
Procesos Participativos, Hábitat e Educación

Modalidade: Presencial
Organizado por: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Idioma: Castelán
Horas lectivas: 24

Descrición: Curso gratuito (mais valorado en 200€ por persoa) que ten como obxectivo xenerar un espazo de formación transdisciplinar sobre metodoloxías partipativas vencelladas á transformación do noso entorno en diferentes dimensións (físicas, sociais, simbólicas, políticas), e enfocadas a traballar coa mocidade procesos educativos para a transformación social.
Módulos:
1. Procesos participativos de carácter comunitario: características, metodoloxías e aspectos socioafectivos e da xestión de grupos. Impartido por Lucila Valsecchi
2. Proxectos socieducativos a través da arte e arquitectura. Impartido por Taller Abierto e Raóns Publiques
Dossier: PDF, 882Kb

Periodicidade: Puntual
Datas: Novembro e Decembro de 2017
Prezo Curso completo: Gratuito

Matrícula: Pechada

Hábitat a Escala Humana

Modalidad: en liña
Organizado por: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
Idioma: Galego e Castelán
Horas lectivas: 120

Descrición: curso de especialización en hábitat dende un enfoque de dereitos. Realízase un achegamento antropolóxico ao término e ás súas dimensións transversais entendendo o xénero como variable fundamental nos procesos de construción de hábitat. Ofrécense ferramentas consolidadas para a súa xestión e intervención social a través de estratexias participativas. Finalmente profúndase nas tecnoloxías apropiadas como proposta para o desenvolvemento sostenible.
Módulos:
1. Introdución ao hábitat
2. Hábitat e xénero
3. Dereito ao hábitat, asentamentos e procesos de urbanización
4. Xestión social do hábitat
5. Intervención social
6. Tecnoloxías apropiadas

Periodicidade: Anual/Bianual
Datas: 3 edicións a última celebrada en 2016
Prezo Curso completo: 150€ / 125€ persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras e desempregadas
Prezo módulo individual: 30€ / 25€ persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras e desempregadas

Matrícula: Pechada

Procesos habitados As arquitecturas nas que vive o outro 90%

Modalidade: Presencial
Organizado por: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia e Docentes da Universidade da Coruña
Idioma: Castelán
Horas lectivas: 20

Descrición: A crise habitacional que é a norma en gran parte do mundo, agora coas súas peculiaridades maniféstase tamén aquí e require ser resolta con ferramentas que non atopamos nos modos de operar formais, esgotados ou fracasados. Así pois o estudo do INFORMAL e do NON CONVENCIONAL, que resolve a sede de habitación do 90% da humanidade, coas súas estratexias centradas nos procesos e nas persoas e non nos produtos arquitectónicos antóllasenos un camiño a explorar para acometer exitosamente a problemática do hábitat contemporáneo. Paralelamente ao curso desenvolveuse un obradoiro co mesmo nome.
Publicación: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90% (PDF, 3,7Mb)
Conferencias: Lista de reproducción en Youtube

Periodicidade: Puntual
Datas: Do 8 ao 12 de setembro de 2014
Prezo xeral: 50€
Prezo reducido: 30€

Matrícula: Pechada

 

Curso de xénero con pertinencia cultural na educación para o desenvolvemento

Modalidade: Presencial
Organizado por: Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, Educación Sen Fronteiras, Farmamundi Galicia, ACSUR-Las Segovias Galiza e Solidaridade Internacional

Descrición: impartido por Flory Yax, indíxena maia experta en xénero que falou sobre a implementación da perspectiva étnica e de xénero nos programas de desenvolvemento. Durante os días 29 e 30 de novembro, 16 persoas  reflexionaron na sala de Xuntas da Facultade de Ciencias Políticas de Santiago sobre a internalización da opresión étnica e de xénero. Promoveuse a articulación do persoal co colectivo para que as e os participantes dende as súas distintas apostas e espazos puidesen xerar novos pensamentos e aprendizaxes retomando a experiencia propia dende unha mirada autocritica. Despois de forma conxunta e consensuada elaborouse o dodecálogo calendario de boas prácticas para a incorporación do enfoque de xénero con pertinencia cultural que foi distribuido entre as ONGD's e demais movementos sociais galegos.
Dossier: PDF, 554Kb
Biografía Flory Yax: PDF, 150Kb
Resumo do curso: PDF, 261Kb

Periodicidade: Puntual
Datas: 29 e 30 de novembro de 2010
Prezo xeral: sen custe

Matrícula: Pechada