[rev_slider alias=epd]

Módulo 3. Dereito ao hábitat, asentamentos e procesos de urbanización

Curso en liña Hábitat a Escala Humana

 

Módulo 3. Dereito ao hábitat, asentamentos e procesos de urbanización

Autoría: Miguel Ángel Fernández Souto, Adrián Ferreiro Pérez e Lara Medín López

Descrición: Neste módulo realízase unha introdución xeral ao proceso de consolidación do dereito ao hábitat como parte dos dereitos fundamentais das persoas. Do mesmo xeito, introdúcense as principais problemáticas que a poboación enfronta na actualidade para satisfacer estes dereitos.

Programa:

  1. O dereito á vivenda e á cidade. Xurdimento do concepto, definición, lexislación actual e concretización en políticas públicas
    1. Do dereito á vivenda ao dereito á cidade
    2. Os dereitos humanos na cidade e o dereito á cidade
    3. O dereito á cidade, un dereito humano emerxente
    4. Lexislación actual e concretización en políticas públicas
  2. Aproximación aos asentamentos humanos precarios
    1. Caracterización e contextualización
    2. Efectos da precariedade habitacional
    3. Tipos de asentamentos precarios
  3. O fenómeno dos asentamentos precarios en zonas urbanas
    1. Aproximación aos asentamentos humanos
    2. Características dos asentamentos precarios en zonas urbanas
    3. Tipos de asentamentos precarios en zonas urbanas
    4. Accións desenvoltas fronte á precariedade habitacional urbana
  4. Os asentamentos precarios en zonas rurais e os asentamentos precarios transitorios
    1. Asentamentos precarios en áreas rurais
    2. Asentamentos precarios transitorios
  5. Degradación de barrios na cidade existente: características, causas e procesos
    1. Concepto de obsolescencia urbana
    2. Problemáticas, características e causas
    3. Recoñecemento de procesos

Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.

A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.

No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.

- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.

Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.

Horas lectivas: 20
Datas: pendentes de confirmación curso 2016-2017
Prezo módulo individual: 30€ / 25€ persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras e desempregadas
Matrícula: Pechada