Módulo 3. Xestión social do hábitat

Curso en liña Hábitat a Escala Humana

 

Módulo 3. Xestión social do hábitat

Autoría: María Eugenia Lacarra

Descrición: Módulo orientado a realizar un achegamento ao concepto de xestión social do hábitat como resposta a un proceso de urbanización do territorio desigual e insostible. Tamén faise un percorrido polo concepto de vivenda así como polas diferentes políticas de xestión do hábitat definindo os seus principios, estratexias e modalidades.

Programa:

  1. Concepto e axentes na xestión social do hábitat
    1. Achegamento aos termos: hábitat e xestión social do hábitat
    2. Axentes na xestión social do hábitat
  2. Políticas de xestión do hábitat
    1. Asentamentos humanos como contexto prioritario das políticas de xestión do hábitat
    2. Políticas de xestión do hábitat
    3. Modelos concretos de xestión urbana e rural
    4. Experiencias de xestión social do hábitat
  3. Dereito á vivenda. Políticas de vivenda
    1. A vivenda como particularidade do hábitat e como satisfactor de necesidades humanas
    2. Dereito á vivenda: DESC
    3. Políticas habitacionais

Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.

A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.

No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.

- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.

Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.

Horas lectivas: 20
Datas: setembro a novembro 2018
Matrícula: Aberta ata o 31 de agosto de 2018