[rev_slider alias=epd]

Módulo 5. Intervención Social

Curso en liña Hábitat a Escala Humana

 

Módulo 5. Intervención Social

Autoría: Otro Hábitat

Descrición: Módulo orientado a profundizar no concepto de intervención social no hábitat como as accións colectivas de desenvolvemento comunitario ou as prácticas de participación directa das persoas nos procesos de transformación físicos e sociais do seu propio entorno.

Programa:

  1. Introdución
  2. Modelos de intervencións social
    1. Enfoque teórico
    2. Retos políticos, técnicos e sociais
    3. Principios básicos da participación social
  3. Metodoloxías de procesos participativos
    1. A toma de decisións
    2. A construción de escenarios
    3. A definición de prioridades
    4. Iniciativas reivindicativas
  4. Experiencias
    1. Prácticas urbanas
    2. Planeamento participativo
    3. Políticas e programas

Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.

A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.

No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.

- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.

Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.

Horas lectivas: 20
Datas: pendentes de confirmación curso 2016-2017
Prezo módulo individual: 30€ / 25€ persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras e desempregadas
Matrícula: Pechada