Módulo 1 - Introdución al Hábitat

Curso en liña Hábitat a Escala Humana

 

Módulo 1. Introdución ao Hábitat

Autoría: QATAY

Descrición: Módulo orientado a mostrar a amplitude do termo hábitat e as súas dimensións transversais. Expóñenense estratexias para abordar a súa complexidade desde un posicionamento adaptado ás distintas realidades humanas. É un marco de encadre e introdución ás temáticas tratadas no resto de módulos do curso en liña.

Programa:

  1. Antropoloxía do hábitat
    1. Concepto de hábitat
    2. Evolución da conceptualización. Marco político e institucional
    3. Hábitat como necesidade humana
  2. Perspectiva complexa do hábitat. Dimensións
    1. Dimensión física
    2. Dimensión política
    3. Dimensión social, económica e cultural
    4. A perspectiva complexa do hábitat
  3. Enfoques transversais e transdisciplinares
    1. Enfoque transversais
    2. Enfoques transdisciplinares

Metodoloxía: A metodoloxía do curso baséase na investigación e na acción participativa: a aprendizaxe fundaméntase na participación e no traballo en equipo, potenciando a resolución de tarefas mediante a aplicación de sistemas de diálogo que posibiliten unha xeración de coñecemento grupal que sexa aplicable aos problemas propios das persoas a quen vai dirixida a formación.

A avaliación é continua baseada en actividades individuais ou grupais, debates e cuestionarios propostos durante o desenvolvemento do módulo que se realizan desde os espazos da plataforma.

No funcionamento do curso existen dúas figuras que xogan un rol diferente durante a acción formativa.

- Equipo de seguimento: As súas funcións son a resolución de dúbidas do alumnado, a dinamización dos foros e a corrección da práctica, sendo por tanto os encargados de dar o seguimento teórico e práctico do curso.
- Xestor/a da aula virtual: As súas funcións son realizar e coordinar as tarefas administrativas do curso e resolver as dúbidas relativas ao funcionamento da aula virtual.

Certificado: Ao finalizar o curso entregarase un certificado a aquelas persoas que superen os criterios de avaliación.

Horas lectivas: 20
Datas: pendentes de confirmación curso 2016-2017
Prezo módulo individual: 30€ / 25€ persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras e desempregadas
Matrícula: Pechada