Nós Contamos

Obradoiro de escritura creativa
A Coruña, Galicia. 2015

Nome do obradoiro: Obradoiro de escritura creativa Nós Contamos

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: outubro e novembro de 2015

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: Tinta Bacanal

Publicación: Nós Contamos

Nos Contamos

Obradoiro de escritura creativa cos nenos e nenas do asentamento de As Rañas en A Coruña, que tiña como obxectivo traballar a creatividade e as ferramentas de comunicación da infancia e adolescencia deste contexto. Os obradoiros realizáronse nos meses de outubro e novembro cun total de seis sesións e a participación dunha media de 10-11 nenos e nenas entre os 8 e os 16 anos. A actividade desenvolveuse fundamentalmente no espazo cedido por la escola de arquitectura de A Coruña.

Ao longo de seis semanas realizáronse xogos e dinámicas nos que os participantes foron aprendendo técnicas de escritura e ilustracións básicas. Como complemento, dúas das sesións leváronse a cabo en espazos simbólicos que axudaron a espertar a súa imaxinación como o Castelo de San Antón e a casa de Wenceslao Fernández Flórez en Cambre.

O balance xeral desta actividade foi moi positivo, a rapazada mostrou dende o comezo un grande interese na escritura e, dende logo unha enorme capacidade creativa. Finalmente, todas a historias creadas ao longo do obradoiro recopiláronse nunha publicación en formato revista.

Unha vez impreso o libro organizamos a presentación do mesmo no centro cívico Ágora da Coruña. O seu persoal amosounos as estancias e recursos da biblioteca ademais de explicar o seu funcionamento. Posteriormente repartimos os exemplares de Nós Contamos entre os seus autores e autoras que aproveitaron a ler en voz alta algúns dos seus contos. Finalizamos o acto cunha merenda entre todas as persoas que colaboraron no obradoiro.

O libro, con todos os relatos a partir dunha frase, relatos libres, contos de terror, relatos con elementos dos petos, con imanes, etc, distribúese con licencia Creative Commons.

Pechouse a actividade coa promesa de repetila e, sobre todo, de tentar realizala cos nenos e nenas do asentamento de A Pasaxe.

Coa colaboración de:
Tinta Bacanal
ETSAC Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
Xunta de Galicia
Cooperación Galega