Obradoiro Litoral

Obradoiro de análise crítica metropolitana
A Coruña, Galicia. 2011

Nome do proxecto: Obradoiro Litoral. Obradoiro de análise crítica metropolitana

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: 2011

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: Hábitat Social

Documentos:

Panel resumen
Blog
Vídeo

Obradoiro Litoral

Obradoiro de análise crítica metropolitana

Organizado e coordinado por Hábitat Social

O obradoiro

A principal intención do obradoiro é amosar a nosa capacidade de incisión na realidade dende o diagnóstico crítico do territorio e o posicionamento profesional comprometido. As liñas de acción principais son dúas:

- Debullar as dinámicas e relacións que se producen nunha área concreta d’A Coruña metropolitana, describíndoa de maneira crítica e avaliando o papel dos diferentes actores e intereses que inflúen no devir do territorio.
- Investigar nos modos de ver e analizar o hábitat humano, con unha dobre intención: sistematizar o proceso a través dunha metodoloxía que poida estrapolarse a outras zonas, e experimentar novas formas de intervir no territorio con criterios de xustiza social e desenvolvemento comunitario.

O territorio

O borde litoral da Coruña é un espazo de forte significación para a cidade, que tradicionalmente ten amosado a súa capacidade de captar a atención da opinión pública e xerar controversia. A recente convocatoria dende o Concello dun concurso de ideas para a ordenación do paseo marítimo no ámbito da Enseada do Orzán volve a poñelo de actualidade.

A posibilidade de aportar e incidir neste debate, ofrece ó obradoiro a oportunidade de transcender o plano teórico acadando unha aplicación directa na realidade urbana, o que nos leva a propoñer o cambio da área de análise dende Elviña á Enseada do Orzán.

Aquí, atoparémonos cun espazo central da cidade, un espazo consolidado e representativo, que baixo un paseo marítimo homoxéneo e uniformizador agocha unha realidade complexa e diversa que intentaremos desvelar.

O procedemento

Afondaremos no uso dos diferentes tipos de fontes de información a disposición pública. Estamos a falar de fenómenos urbanos reais e contemporáneos (fora dos libros de historia), polo que haberá que empregar múltiples ferramentas: dixitais (hemerotecas, foros, redes sociais, etc.), convencionais (bibliografía especializada, lexislación, etc.) e in situ (traballo de campo, construción de narrativas do territorio a partir das voces dos habitantes, inclusión das subxectividades que aparezan durante o proceso de análise, etc.).

 O traballo realizarase de xeito colaborativo, mediante grupos de análise, debate e discusión.

 

Coa colaboración de:
hábitat social
Xunta de Galicia
Cooperación Galega