Procesos habitados

As arquitecturas das que non se fala nas escolas de arquitectura
A Coruña, Galicia. 2014

Nome do obradoiro: Procesos habitados. As arquitecturas das que non se fala nas escolas de arquitectura

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: Do 8 ao 12 de setembro de 2014

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: Universidade da Coruña

Publicación: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90%

Procesos Habitados

Un obradoiro como lugar de encontro no que profesorado e alumnado traballaron de forma colaborativa sobre un problema real do Hábitat. Suscitáronse inicialmente unhas sesións expositivas desenvolvidas por ponentes, preferentemente cooperantes, con coñecemento de campo directo sobre a zona de intervención ou ámbitos similares. A partir das mesmas avanzouse de forma colaborativa e tutorizada no diagnóstico da situación obxecto de análise e no desenvolvemento de propostas de intervención. Celebrado en paralelo ao curso Procesos Habitados.

Vídeos das conferencias, presentacións previas as sesións de traballo, resultados e conclusións do obradoiro:

Coa colaboración de:
Universidade da Coruña
ETSAC Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña