Seminario Hábitat a Escala Humana

O Seminario Hábitat a Escala Humana nasceu no ano 2011 cun plantexamento que recoñecía e recoñece as carencias e insuficiencias das teorías económicas e sociais que serviron de sustento e orientación aos procesos de desenvolvemento ata o día de hoxe. Significa apostar por un desenvolvemento a escala humana, referido ás persoas e non aos obxectos.

A nova realidade e os novos desafíos obrígannos ineludiblemente a unha transdisciplinariedade que require dunha participación persoal que vai máis alá das fronteiras disciplinarias.

Seminario Habitat Escala Humana

O obxectivo principal de estas xornadas é facer unha formación de carácter introductoria que poida servir como xerme para consolidar nun futuro unha materia especializada que abarque as seguintes ideas:

- Dotar de ferramentas e criterios para cubrir o baleiro formativo existente para a actuación no campo profesional en materia de desenvolvemento humano.
- Formar actores e actrices especialistas en hábitat, que participen activamente na xeración de autodependencia (protagonismo real das persoas nos diferentes espazos) e que impulsen procesos de desenvolvemento, capaces de combinar os obxectivos de desenvolvemento económico cos de xustiza social, liberdade e desenvolvemento persoal.
- Traballar a habitabilidade de xeito que aporte as capacidades que nos permitan incorporarnos a estratexias interdisciplinares orientadas a xerar un cambio social en favor dunhas condicións de vida máis equitativas e humanas.

Edicións:
2011 | 2014 | 2015 | 2016