I Seminario Hábitat a Escala Humana - 2011

Presentación

O programa baséase na construcción do hábitat dende unha perspectiva humana articulando as diferentes escalas: a escala micro coa escala macro, os seres humanos coa natureza e a tecnoloxía, o individual co social, a autonomía coa planificación, a sociedade civil co Estado…

O programa formúlase dende un dobre enfoque socio-espacial coa intención de atopar un punto de entendemento e encontro entre as dúas dimensións:

- Entender ao ser humano nas súas distintas escalas sociais: as súas capacidades, as potencialidades que ten, o xeito de satisfacer as súas necesidades fundamentais relacionadas co habitat, as ferramentas para participar na construción dese habitat entre outros.
- Entender o hábitat nas súas distintas escalas espaciais sempre en relación co ser humano, como satisfactor das necesidades fundamentais e un instrumento de transformación social.

Xornadas:

SESIÓN 1 [ser humano / abrigo] 14-10-2011

Como punto de partida preténdese abordar as temáticas que relacionan ao individuo coa satisfacción da necesidade de protección no sentido máis íntimo, máis vinculado ao corpo, ao abrigo.

Así dende o punto de vista do ser humano trataránse cuestións como a propia identidade e diferentes interpretacións culturais que existen sobre o abrigo. Dende este enfoque exploraránse os significados que o ser humano artella en torno aos obxetos, materiais, vestimenta, condicionando a sua construción, cualificándoos segundo o contexto e dotandoos de recoñecemento social e de poder entre outros.

Mª Jesús Pena Castro
O hábitat humano na perspectiva antropolóxica

Ana Rego
Tendencias, materiales e identidad en la vestimenta

SESIÓN 2 [o individuo / estancia] [o núcleo familiar / casa] 21-10-2011

Nun segundo espacio de reflexión falaráse das relacións que o ser humano establece con todo o que conforma o seu espacio privado ou doméstico, a escala na que adquiren relevancia conceptos como a relación do individuo cos elementos e persoas que o rodean nun sentido máis familiar.

Trataráse a primeira estancia do entorno vital e a casa no seu ámbito xeográfico, a materialización da misma, a creación e articulación de espacios e ambientes diferenciados e o diverso uso que se fai deles.

Dunha forma específica compararanse as diferentes modificacións ás que se somete á arquitectura en función do contexto no que se atopen, así como as alteracións que o propio individuo e/ou o grupo familiar asumen na súa adaptación ao entorno dende a casa.

Cristina Justo
O xénero dos espazos

Javier Neila
Adaptación a los recursos del medio ambiente en la arquitectura vernácula

Txatxo Sabater e Inés Arsenia Rodríguez
Emancipado, tutelado, asistido

SESIÓN 3 [a colectividade / barrio] [poboación / cidade] 28-10-2011

Este apartado intentará explorar a dimensión social do ser humano en colectividade e as capacidades da mesma para influir nas formas de intervención e nos procesos participativos e de organización pública do hábitat.

Como suma final, por interrelación das escalas anteriores, adquiere relevancia nun sentido colectivo, a relación do ser humano tanto co seu contexto máis próximo na escala de barrio como cos fenómenos da población na cidade ou con outros de tipo xeográfico e intergrupales.

Como complemento realizarase o Obradoiro de análise crítica metropolitana no litoral, organizado e coordinado por Hábitat Social.

Tanto o seminario como o obradoiro son de carácter aberto para todas as persoas que desexen participar, estean ou non vinculadas coa Universidade. As prazas para o obradoiro están limitadas a 30 persoas. Pódese asistir á parte teórica ou ao obradoiro por separado ou a ambas.

Esteban de Manuel
El taller de barrios: de la Bachillera a Jnane Aztout

María García
Rehabilitar para revitalizar: iniciativas cidadás en espacios urbanos abandoados

Juventina López e Damian Vail
Organización comunitaria: la lucha por la tierra

Persoas Relatoras:

María Jesús Pena

Profesora de Antropoloxía da Universidade de Salamanca e presidenta da Asociación Galega de Antropoloxía Aplicada.

Doctora en Antropoloxía Social, realizou investigacions en España, Estados Unidos, y a rexión de Asia - Pacífico, especialmente en Timor Oriental. Está especializada en investigacións sobre Patrimonio Cultural, Antropoloxía do Xénero e Antropoloxía Política.

Entre as súas publicacións sobre Patrimonio e Arquitectura destacan "As Uma Lulik de Ainaro. Identidades
Sociais e Rituais em Timor Leste" e "Antropología y Patrimonio Cultural: La Ciudad Histórica".

Ana Rego

Estudos en Diseño de Moda na Universdade Ramón Llul, Barcelona e Bachelor of Arts na Universidade de Southampton.

Master en Moda e Comunicación, Universidade de Santiago de Compostela.

Foi diseñadora para diferentes marcas de roupa como Caramelo e Pull&Bear.

Actualmente é coordinadora de estudos superiores de deseño de moda na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela e Estilista para Vietnam Fashion Industries.

Cristina Justo

Socióloga, Máster en Xénero e Políticas de Igualdade e socia administradora e directora técnica de proxectos de Gaela Consultora S.C dende 2008, adicándose á planificación e intervención en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.

Especialista en Análisis Multivariante pola Facultade de informática da UDC. Axente de Igualdade de Oportunidades para as Mulleres (Universidad de Zaragoza, Red Interuniversitaria Latinoamericana e Programa Alfa da Unión Europea). Premio de Investigación Elisa Pérez Vera sobre temas de xénero e feminismo no 2004.

Foi coordinadora e docente do Máster de Xénero e Políticas de Igualdade na UDC entre os anos 2005 e 2008 e investigadora na facultade de Socioloxía da mesma institución ata o ano 2009.

Javier Neila

F. Javier Neila González é doutor arquitecto, imparte docencia no Departamento de Construcción e Tecnoloxías Arquitectónicas da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid desde fai máis de 30 anos, como Catedrático de Universidad.

Ten máis de 60 publicacións sobre temas de acondicionamento, benestar, enerxía, sostenibilidade e arquitectura bioclimática.

É o investigador principal responsable do grupo de investigación ABIO, co que realiza consultorías e asesorías bioclimáticas.

É director do Máster en Medio Ambiente e Arquitectura Bioclimática.

Ocupou diversos postos de xestión universitaria.

Txatxo Sabater

Doutor Arquitecto, foi Profesor Titular de Composición da Universitat Politècnica de Catalunya.

Docencia ininterrumpida durante 33 anos e responsable dos programas "Introducción a la Arquitectura", "Arquitectura Doméstica Occidental siglos XVIII-XX, estructura habitacional, cultura material y comportamientos", "Habitat Dissociat" y "Tratados, sistemas y modelos de diferenciación".

Na actualidade é corresposable con Ricardo Guasch do Postgrao "Habitat estratégico Movilidad y Temporalidad" na Escuela Superior de Diseño Elisava.

Colaborador en programas Máster nas universidades de Sevilla, Salamanca, París, Pompeu Fabra (Barcelona).

Profesor invitado nas escolas de arquitectura de Saint-Luc (Bruselas), Strathclyde (Glasgow), Zürich, Mendrisio (Suiza), Zagreb, Krakow (Polonia), Montpellier. Residente en Columbia (1981), Princeton (1991).

Publicacións: "Guía de estudio para la Gerohabitación, cohabitación, emancipación", "Nuevos descriptores-nuevos operadores proyectuales", "Viure en una màquina de renda", "Tecnologías disponibles distribuciones a disposición".

Inés Arsenia Rodríguez

Arquitecta titulada na universidade da Coruña no ano 2009. Máster en Diseño y Hábitat no ano 2011 na Escuela Elisava (Barcelona).

Colabora en diversos estudios de arquitectura de ámbito nacional e internacional dende 2007. Actualmente colabora en KAW arquitectura (Barcelona). Voluntaria en Arquitectos Sen Fronteiras na demarcación de Catalunya dende o ano 2010.

Juventina López

Coordinadora da Area Sur da Coordinadora Nacional Indígena Campesina (CONIC) e membro do seu Consello de Dirección Nacional. Foi Coordinadora da súa Secretaría Nacional da Muller.

Actualmente coordina o Proxecto de Fortalecemento Comunitario dentro do Programa de desenvolvemento integral Oxlajuj Tz’ikin nas comunidades indíxenas de Champerico, Retalhuleu, en Guatemala.

Damián Vail

Presidente do movemento campesino mam pro recuperación da madre terra en Guatemala. Lider dos movementos indíxenas campesinos durante vinte anos nos que xestionou diversos procesos de recuperación da terra e participou como mediador en diferentes conflitos agrarios.

Técnico do Instituto Nacional de Transformación Agraria (INTA) e membro fundador da Coordinadora Nacional Indígena Campesina (CONIC)

Actualmente é Coordinador local do Programa de desenvolvemento integral Oxlajuj Tz’ikin nas comunidades indíxenas de Champerico, Retalhuleu, en Guatemala.

María García

Licenciada en Ciencias Ambientais, posgrao en Planificación e Desenvolvemento Local e máster en Medio Ambiente e Formación.

Técnico municipal de medio ambiente en Carnota durante a crise do Prestige. Proxectos de educación ambiental en ADEGA – Muller, naturalmente!, O medio ambiente coma fonte de emprego.

Actualmente vive e traballa na ufaFabrik Berlin, un centro cultural autoxestionado, desenvolvendo proxectos de bioconstrucción e participación cidadá.

Esteban de Manuel

Doutor Arquitecto e Profesor Titular da E.T.S. de Arquitectura de Sevilla. Fundador da ONG-D Arquitectura y Compromiso Social (1993) dentro da cal creou o Taller de Barrios (2000) e impulsou e asesorou proxectos de cooperación en Marrocos e América Latina. Director do Máster en Gestión Social del Hábitat de la Universidad de Sevilla (2007-) e da Revista Hábitat y Sociedad (2010-).

É responsable do grupo de investigación ADICI-HUM810 (Aula Digital de la Ciudad). Membro de Universidad y Compromiso Social. Impartíu cursos e conferencias en Arxentina, Uruguay, Brasil, Ecuador, México, Francia, Marrocos e diversas cidades españolas.

Coa colaboración de: