II Seminario Hábitat a Escala Humana - 2014

DHabitat é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento, que nace na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña en consorcio coa asociación Arquitectos Sen Fronteiras Galicia e co apoio económico da Xunta de Galicia.

Entre as actividades formativas e de sensibilización que forman parte do proxecto, inclúese a organización da 2ª edición do Seminario "Hábitat a Escala Humana", o cal adopta un papel de complementariedade dos contidos do curso en liña realizado de xeito paralelo, a través do desenvolvemento teórico de certos conceptos ou mesmo da exposición de experiencias concretas.

Dossier PDF (0,3 Mb)

Obxectivos

- Fomentar e visibilizar a transdisciplinariedade no traballo en torno ao hábitat como ferramenta básica para incorporarse ou desenvolver a estratexias orientadas a xerar un cambio social en favor dunhas condicións de vida máis equitativas e humanas.
- Mellorar as capacidades e habilidades dos profesionais no enfoque das necesidades humanas en procesos de desenvolvemento compartidos e coordinados entre diferentes actores.
- Aportar miradas complementarias sobre as temáticas tratadas a partires de persoas de recoñecida traxectoria y experiencia.

Sesións

SESIÓN 1 -  DEREITO AO HÁBITAT E Á CIDADE 03-04-2014

Ana Filgueiras

Aproximación antropolóxica ás dinámicas de apropiación do territorio e de construcción do habitat

Tendo colaborado e dirixido numerosas intervencións arqueolóxicas, exerce como arqueóloga da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Noia (A Coruña) dende o ano 2001, coordinando e dirixindo proxectos que inciden na recuperación e reintegración cultural do Patrimonio (Histórico, Arqueolóxico, Etnográfico). Esta labor abordouna sempre dende a perspectiva da cooperación interdisciplinar tanto na elaboración de propostas de ordenación urbana como naquelas de matiz máis histórico - antropolóxico.

No entanto, o esforzo persoal e anceio antigo de saber céntrase na investigación antropolóxica orientada ao coñecemento do legado cultural da tradición no noroeste peninsular, así como aspectos do saber tradicional sobre a crianza e a maternidade. O compromiso adquirido neste ámbito da mitoloxía e a tradición oral tradúcese na cooperación en proxectos coas universidades galegas e a administración autonómica, así como a promover a súa difusión pública en documentais, cursos, conferencias e publicacións en Galiza, Portugal e Francia.

Vanesa Valiño

Emerxencia habitacional e dereito á vivenda no Estado español

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade Internacional de las Américas, San José (Costa Rica) e Máster, entre outros, en Políticas de Igualdade de Xénero pola UAB, exerce dende 2006 como directora do Observatorio de Dereitos Humanos, DESC, asociación dedicada á promoción dos dereitos humanos, en especial dos dereitos económicos, sociais e culturais. O Observatori traballa no estado español mediante a organización de cursos e a elaboración de publicacións, e en distintos países de América Latina a través de proxectos de cooperación internacional. Nos últimos anos dedicaron especiais esforzos a promover o dereito a una vivenda digna e á cidade, concretando recentemente a publicación “Emergencia habitacional en el estado español. La crisis de las ejecuciones hipotecarias y los desalojos desde una perspectiva de derechos humanos”.

+ Información: www.observatoridesc.org

SESIÓN 2 -  HABITABILIDADE BÁSICA 05-05-2014

Carlos González Lobo y María Eugenia Hurtado realizaron o seu traballo profesional dentro do Grupo de Apoio Técnico Solidario "Espazo Máximo e Custo Mínimo", participando na investigación e desenvolvemento de solucións técnicas á vivenda para os desastres e as emerxencias, así como proxectos e experimentos en sitios para vivendas de baixo custo e rápida elaboración en base a mesturas de tecnoloxía punta, materiais rexionais e materiais industrializados de baixo custo e abundantes nos países desenvolvidos e doantes probables en caso de desastres. Neste proceso de investigación tiveron a oportunidade de traballar con comunidades marxinadas e poboados indíxenas en diferentes continentes onde a súa preocupación concéntrase en ensinar a técnica construtiva para que a comunidade, con axuda de diversos organismos, poida autoconstruir a súa casa.

Foron premiados dende a UIA co premio Vassilis Sgoutas, que se entrega aos traballos de Arquitectura dirixidos a quen vive por baixo do nivel de pobreza, na categoría de traballo colectivo; e en 2007 foron nomeados ao premio Aga Khan de arquitectura polo seu proxecto dun conxunto habitacional para desprazados de guerra en Mauritania, realizado en colaboración coa ONG española Arquitectura y Compromiso Social. O premio Aga Khan, é un prestixioso galardón que cada tres anos, recoñece as achegas construtivas e arquitectónicas nos países musulmáns.

+ Información:

- Arquitectura en precario; la propuesta de Carlos González Lobo
Humberto González Ortiz. Ciencia Ergo Sum, vol. 11, núm. 1, marzo-junio, 2004, pp. 117-124, UNAM.

- Transferencia y capacitación en tecnologías; un material posible para las viviendas con motivo de la emergencia en Haití, 2010
María Eugenia Hurtado y Carlos González Lobo. Revista dearq 06. Julio de 2010. Bogotá, pp. 44-53

María Eugenia Hurtado

Buscando su espacio en el espacio: arquitectas

Doctora en Arquitectura por la Universidad Nacional Autónoma de México y coordinadora del Taller “Carlos Leduc” de la Facultad de Arquitectura de la Universidad Autónoma de México (UNAM). Integrante del grupo de apoyo técnico solidario: “Espacio Máximo y Costo Mínimo”.

Publicaciones destacadas

- La trayectoria de las mujeres en la Arquitectura contemporánea de México. 1998

 

Carlos González Lobo

Tecnologías para el hábitat popular

Doctor en Arquitectura por la Universidad Nacional Autónoma de México y Doctor Honoris Causa en Bellas Artes por la Rhode Island School of Desing, profesor e investigador en la Facultad de Arquitectura de la Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) y docente de la Facultad de Arquitectura en la Universidad Iberoamericana (UIA), México. Miembro fundador del grupo de apoyo técnico solidario: “Espacio Máximo y Costo Mínimo”. Ha combinado en su experiencia profesional la obra propia de búsqueda espacial y figurativa con una vocación definida hacia el apoyo a los sectores más pobres de la comunidad, especializándose en vivienda popular, mediante el apoyo solidario a los grupos pro-vivienda tanto en ciudad de México como en las zonas rurales.

Publicaciones destacadas

- Vivienda y ciudad posibles
Parte de la colección Tecnologías para la vivienda de interés social. Ed. Escala. Colombia. 1998.

- Architettura, Partecipazione Sociale e Tecnologie Appropriate
Coautoría junto a Eladio Dieste. Ed. Jaca Book. Italia. 1996.

ASF Galicia Internacional

Intervención integral de hábitat Oxlajuj Tz'ikin

A labor deste grupo de traballo céntrase na formulación e xestión dos proxectos de cooperación internacional da nosa demarcación, así como no acompañamento aos procesos de desenvolvemento vinculados aos proxectos en execución, exercendo tarefas auxiliares e de apoio coas contrapartes e co persoal desprazado no terreo.

SESIÓN 3 -  XESTIÓN SOCIAL DO HÁBITAT 02-06-2014

Oihane Ruíz + Koldo Tellería | Hiria Kolektiboa

Marco para un planeamento inclusivo; urbanismo no local

Oihane Ruíz é licenciada en Arquitectura pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU), especialista en Urbanismo e Medio Ambiente polo Instituto Vasco de Administración Pública (IVAP) e profesora no Máster de Igualdade de Mulleres e Homes da UPV/EHU. Forma parte do espazo de traballo colaborativo SanFran38 arkitektura, onde traballa actualmente, e de Pripublikarrak, colectivo de traballo en arte e feminismos.

Koldo Tellería é licenciado en Arquitectura pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU), postgrado en Urbanismo polo Instituto Vasco de Administración Pública (IVAP) e Máster en Antropoloxía; investigación social aplicada ao medio ambiente pola Universidade Pablo Olavide, Sevilla. Traballou como arquitecto municipal no concello de Urretxu e na actualidade forma parte do estudo de arquitectura A9, de Donostia. Dende 2007 é profesor de Xardinería, Paisaxe e Medio Ambiente, Urbanismo e Proxectos na Escola de Arquitectura da UPV-EHU, así como de Servizos Urbanos na Escola Politécnica ITOP.

Ambos, xunto con Amaia Albeniz e Ane Alonso, fundaron en 2002 Hiria Kolektiboa, como un grupo de traballo, asesoramento, crítica e discusión en torno a temas de xénero e espazo público, urbanismo social, participación e xestión do espazo colectivo. Dende este colectivo viñeron traballando no espazo colectivo e no planeamento urbano, análises socio urbanísticos, así como en procesos de participación cidadá e con perspectiva de xénero a través da participación e realización de innumerables talleres, seminarios, informes, documentais e proxectos integrais.

+ Información: www.hiriakolektiboa.org/blog

Publicacións destacadas:

Manual de análisis urbano: género y vida cotidiana
Manual para a realización de mapas de análise urbanístico dende a perspectiva de xénero e vida cotiá da cidadanía, mapas da cidade prohibida en concellos da CAPV. Vitoria-Gasteiz: Eusko Jaurlaritza=Gobierno Vasco, 2010.

Raül Robert | Sostre Civic

Novas formas de habitar. Cooperativas de Modelo de Cesión de Uso (MCU). A vivenda como ferramenta de transformación social

Enxeñeiro industrial por la Universidade Politécnica de Catalunya (UPC) e Máster en Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética polo Instituto Catalán da Enerxía (ICT), na súa actividade profesional coordina proxectos de vivenda social e enerxías renovables e conta con experiencia de campo na África Subsahariana. En 2010 recibiu a distinción como emprendedor social do ano pola Fundación Ashoka. Presidente e fundador de SostreCivic Asociación e SostreCivic SCCL.

SostreCivic Asociación traballa e asesora a administracións, entidades do terceiro sector e persoas en risco de exclusión social, coa finalidade de facer efectivo o dereito de acceso a unha vivenda de calidade en condicións xustas. Promove solucións a situacións de risco hipotecario.

SostreCivic SCCL é unha cooperativa que promove as cooperativas en Modelo de Cesión de Uso (MCU), unha forma de acceso á vivenda entre o aluguer e a propiedade, no cal as socias e socios gozan dun dereito de uso da vivenda indefinido e transmisible a familiares, mediante unha aportación inicial e unha cota mensual asequible.

+ Información:

www.sostrecivic.org
Entrevista en Europapress
Entrevista en Periodismo Humano
@raul_civic
@sostrecivic

SESIÓN 4 -  INTERVENCIÓN SOCIAL NO HÁBITAT 30-06-2014

 

Carlos Verdaguer

A participación cidadá no urbanismo: unha condición necesaria para a sustentabilidade

Arquitecto urbanista e profesor asociado de urbanismo na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM). É membro de GIAU + S, grupo de investigación para unha arquitectura e un urbanismo máis sustentables, da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e forma parte da iniciativa CF+S, cidades para un futuro máis sustentable.

Está especializado no deseño de proxectos integrais de sustentabilidade urbana e na aplicación e desenvolvemento de metodoloxías de participación cidadá asociadas ao urbanismo. Entre as súas liñas de traballo actuais están a sustentabilidade á escala territorial; a rexeneración urbana ecolóxica; as pautas territoriais para a mobilidade sustentable; e os usos agrícolas en chan urbano e periurbano. Entre os proxectos nos que interveu destacan o Ecobarrio Trinitat Nova, os proxectos europeos Ecocity, Steer-Snowball e Transport Learning, o ecobarrio de Soto do Henares (Torrexón de Ardoz, Madrid) e o concurso para o deseño de dous ecobarrios en Logroño. Foi redactor de revístaa Arquitectura Viva no período 1993-1999 e actualmente é habitual colaborador como ensaísta en diversos medios de comunicación xerais e especializados.

+ Información: www.gea21.com

Publicacións destacadas:

Urbanismo y participación: iniciativas y resto de futuro
Coautoría con Isabela Velázquez. Diputación de Barcelona, 2010

Regeneración urbana integral; tres experiencias europeas innovadoras
Coautoría con Isabela Velázquez. SEPES, Entidad Estatal de Suelo, 2011

Javier Fraga | Raons Públiques

A construción social da cidade; desmontando os prexuízos da participación no urbanismo

Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC) e Máster de Investigación en Urbanismo pola Universidade Politécnica de Catalunya (UPC), con formación complementaria en Cooperación ao Desenvolvemento e enfoques transversais. Acumula unha ampla experiencia laboral en planificación territorial e urbana, conservación do patrimonio e cooperación ao desenvolvemento en diversos países de Europa e América, así como numerosas participacións e organizacións de charlas, workshops e obradoiros relacionados.

Forma parte do equipo Raons Públiques, asociación de urbanismo que traballa no ámbito da educación, a arquitectura e a participación cidadá. Trátase dun equipo multidisciplinar que desenvolve proxectos integrais, principalmente na cidade de Barcelona, a diferentes escalas, caracterizados pola implicación das persoas na concepción, a transformación e a xestión do a súa contorna.

Entre as súas actividades recentes destaca o proxecto Fem comunitat transformant el pati de l'escola La Pau, dobremente premiado pola Generalitat de Catalunya e o Concello de Barcelona.

+ Información:

www.raonspubliques.org
@raonspubliques

Cristina Nieto e Juan Aradas

Asentamentos chabolistas, ata cando?

Voluntaria e voluntario do grupo de Cooperación Local de ASF Galicia con ampla experiencia traballando nos asentamentos chabolistas da cidade da Coruña. O grupo ten como obxectivo fomentar a inclusión social dos colectivos vulnerables en Galicia traballando a favor da satisfacción axeitada das súas necesidades fundamentais a partir do cumprimento das condicións básicas de habitabilidade, e da erradicación de pautas racistas e discriminatorias da cidadanía e dos poderes públicos.

 

SESIÓN 5 -  TECNOLOXÍAS APROPIADAS 17-07-2014

 

Alejandro Fernández Palicio

Cara ao empoderamento tecnolóxico...

Arquitecto e urbanista que dende o 2006 adícase á investigación en tecnoloxías apropiadas e procesos participativos rurais e urbanos. O seu traballo desenvolveuse en torno ao uso de materiais tradicionais e naturais dende unha perspectiva contemporánea, a etnografía, a paisaxe, a arquitectura, a agricultura, o rurbano, a memoria colectiva e o urbanismo participativo. En 2010 formou o Laboratorio de Investigación en tecnoloxía/s apropiada/s con sede en Vigo e na actualidade e colaborador do Ecoistituto delle Tecnologie Appropriate en Italia.

Forma parte do Colectivo Montenoso, da rede de arquitecturas colectivas de Galicia e colaborou no proxecto A Cidade dos Barrios. Organiza dende o 2010 o festival Curtopía. Foi parte do equipo redactor do Plan de usos da factoría Massó en Cangas e actualmente participa na redacción dos PXOMs de As Pontes e Bergondo e do Proceso de Participación Pública de As Pontes de García Rodríguez. Como arquitecto realiza construcións con materiais naturais e tradicionais.

Ten publicado investigacións sobre a Construción con terra en Galicia, As froiteiras autóctonas de Valga e Pontecesures, As fábricas de tella do Baixo Ulla, A Paisaxe cultural do barro na ría de Arousa, O mancomún... polos que recibiu varios premios.

+ Información: www.tecnoloxiasapropiadas.wordpress.com

Sergio Fernández | Enxeñería Sen Fronteiras

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano, máis aló das tecnoloxías apropiadas

Enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Investigou en temas de xestión comunitaria de montes en Galicia e modelos de desenvolvemento rural, e traballou en ordenación territorial e sistemas de información xeográfica. No eido da cooperación, e voluntario da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia dende 1998 e, dende 2008, técnico de proxectos e educación para o desenvolvemento en sede, despois de traballar como expatriado ano e medio en Nicaragua e Honduras.

Ao longo da súa traxectoria, tanto cando traballaba na universidade como colaborando con ESF, afondou no papel da propia universidade como axente de transformación social. Neste senso cabe destacar que ESF - cuxa base é o voluntariado transformador (ou "político") - leva máis de 20 anos traballando dende e coa universidade, sobre todo en escolas técnicas, en torno á educación para o desenvolvemento e a tecnoloxía para o desenvolvemento humano.

+ Información:

www.galicia.isf.es
@esfgalicia
@sergioferal

SESIÓN 6 -  HABITABILIDADE BÁSICA 09-09-2014

 

Marta Solanas

Cooperativismo de vivenda en Uruguay. Da construción dun movimiento social urbano ás experiencias de cooperación sur-sur

Arquitecta e Máster en Cooperación e en Xestión Social do Hábitat pola Universidade de Sevilla que dende o 2005 traballa en torno ao dereito á vivenda. Iniciou as súas actividades formando parte da ONG universitaria Compromiso Social nun proxecto de rehabilitación dun barrio de chabolas en Marrocos, e tras unha breve estancia en México desplazouse a Uruguay onde coñeceu os movementos de cooperativas de vivenda. Recentemente tamén participou activamente en movementos sociais como o 15-M e no desenvolvemento da Corrala de Veciñas La Utopía, en Sevilla.

Coa colaboración de:
Proxecto d'Hábitat
ETSAC Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Cooperación Galega