IV Seminario Hábitat a Escala Humana - 2016

TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M.

IV Seminario Hábitat a Escala HumanaO Seminario Hábitat a Escala Humana pretende contribuír a mellorar a formación e sensibilización en materia de dereito ao Hábitat da comunidade universitaria, así como de diversos perfís profesionais e axentes multiplicadores vinculados con este tema. Ademais, serve de complemento aos contidos do curso en liña Hábitat a escala Humana que este ano cumpriu a súa terceira edición.

Nesta 4ª edición decidimos abordar a participación no contexto actual dende diversas disciplinas, actores e niveis de análises cunha perspectiva crítica. Recorremos á filosofía, a ciencia política, a antropoloxía, as experiencias de movementos sociais e de xestores públicos, para xerar un espazo de reflexión e debate ao redor dalgúns interrogantes que suscita a participación no contexto actual. A participación social, algo limitado a espazos clásicos como partidos, sindicatos e asociacionismo diverso desbordou estas estruturas e interconecta diferentes loitas e espazos xeográficos, producindo ademais novos suxeitos políticos que transcenden as identidades clásicas (o 99%, a maioría, os de arriba e os de abaixo, os indignados…)

A rede, a colaboración, as alianzas difusas, as mareas brancas, verdes, lilas…, as plataformas de afectados pola hipoteca, polas preferentes, as asembleas de barrio, os medios de comunicación comunitarios, empezan a facer máis visible un tecido social que require de novas aprendizaxes, saberes e prácticas para transformarnos individual e colectivamente.

SESIÓN 1 13-05-2016

Sesion I - IV Seminario Hábitat a Escala Humana

 

Manuel Delgado

O activismo desactivado. Sobre o abandono da rúa como espazo de e para a participación

Para Manuel Delgado cabe preguntarse se o 15M non foi o inicio dun proceso de desactivación dos movementos sociais en nome do asalto ás institucións. Cal é o papel da ideoloxía ciudadanista no crecente abandono da rúa como escenario para o conflito?

Manuel é profesor de antropoloxía urbana na Universitat de Barcelona. Autor, entre outros, de El animal público (1999, premio Anagrama de Ensaio), Sociedades movedizas (2005) e El espacio público como ideología (2014). Exmembro do Comité Central de Comunistes de Catalunya (EUiA) e candidato da CUP nas últimas eleccións autonómicas.

Monserrat Galcerán

Participación versus representación. A complexidade da participación política nas sociedades actuais

Monserrat Galcerán abordará no seu relatorio a diferenza entre a aparente simplicidade da “representación política” e a complexidade da participación. Non tratando de contrapoñelas senón de acentuar que a participación implica “maior” democracia, pero que en sociedades plurais e heteroxéneas como as actuais, esa complexidade esixe metodoloxías específicas que eviten certa sensación de caos que pode retraer da propia participación.

Montserrat, nada en Barcelona en 1946, é catedrática emérita de Filosofía na Universidad Complutense de Madrid e actualmente concelleira do Concello de Madrid na candidatura de Ahora Madrid, encabezada por Manuela Carmena. Nos seus libros tenta conciliar unha mirada política cun estudo pormenorizado da realidade obxecto do traballo, a partir do suposto de que o traballo intelectual nunca é “desinteresado”, sempre parte do interese por entender acontecementos que a primeira vista resultan sorprendentes ou estraños. Entre os seus traballos cóntanse La invención del marxismo (Madrid, Lepala, 1997), Silencio y olvido. El pensar de Heidegger durante los años 30 (Hondarribia, Hiru, 2004), ou o libro de próxima aparición titulado La bárbara Europa (Madrid, Traficantes de soños, 2016).

SESIÓN 2 19-05-2016

Fran Quiroga e Michael Janoschka - IV Seminario Hábitat a Escala Humana

Fran Quiroga

Os comúns. Espazos de posibilidades, mais tamén de conflictos

A defensa dos montes veciñais en man común, a loita polo mantemento de sementes tradicionais, o apoxeo do software libre, o impulso das licencias creative commons ou as novas institucións dos comúns veñen a acreditar unha emerxencia dos comúns, como formas de socialización e de xestión de recursos.

As múltiples revoltas e manifestacións dos comúns vindican eses outros procesos de construción, produción e activación de novos desexos e posibilidades. Esta multiplicidade de procesos e diversas formas de facer e vivir os comúns, son claros exemplos desa capacidade de tecer eses espazos de encontro nos que é posible construir lazos de confianza e solidaridade a través de estruturas de autoorganización social. Mais tamén existen riscos, dúbidas, conflictos, friccións,…

Fran Quiroga é investigador. Coordinador do CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC. Co-coordina Montenoso, comunidade epistémica experimental en torno aos montes veciñais en man común. Coordina o Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comunes. É fundador e director de Kolectiv, Oficina de I+C+i.

Michael Janoschka

Producir un hábitat inclusivo na era do capitalismo depredador. Reflexións críticas a partir de experiencias europeas e latinoamericanas de participación, resistencia e organización cidadá

O Dereito ao Hábitat pódese detallar en cinco grandes liñas de interese, que se presentan en constante disputa entre as forzas económicas, políticas e sociais: vivenda, chan, bens comúns, mobilidade, así como a propia constitución dos cidadáns como suxeitos de transformación social. A partir destas cinco dimensións irase aplicando unha matriz analítica para reflexionar sobre as experiencias actuais de participación, resistencia e organización cidadá no Estado español, froito dos procesos organizativos da época post-15M e da institucionalización (parcial) dos movementos sociais a través da súa inserción nos partidos instrumentais a escala local, procesos que transformaron á vez as estratexias de resistencia e constitución das disputas por e na cidade.

Aplicando unha perspectiva comparativa que se enriquece coas experiencias da rede CONTESTED_CITIES nas loitas polo hábitat en cinco países de América Latina, irase cuestionando algunhas das lóxicas centrais dos procesos de participación e organización cidadá que se foron implementando especialmente no último ano, para expornos a cuestión de como é posible reverter os múltiples procesos de desposesión que se produciron nas décadas de profundización do capitalismo depredador a escala global, e propoñer un hábitat radicalmente diferente ao que se nos afixo vivir. Para iso, estímase necesario abordar con maior profundidade o repertorios de acción colectiva, así como expor a cuestión das posibles fórmulas organizativas que logren activar e politizar, desde a escala da proximidade local, as nosas vidas cotiás.

Michael Janoschka é investigador Ramón y Cajal no Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais da Universidade Autónoma de Madrid, e coordinador científico da rede internacional de investigación CONTESTED_CITIES (FP7-PEOPLE-PIRSES-GA-2012-318944).

SESIÓN 3 26-05-2016

3ª Sesion do IV Seminario Hábitat a Escala Humana

 

Esta última sesión do seminario consistiu nunha mesa redonda na que participaron representantes de diversos colectivos e institucións locais coa intención de por en común os límites, potencialidades e aprendizaxes nas experiencias de participación de cada una delas e os movimientos sociais que representan, desde os ámbitos de gobierno para a xestión da participación ciudadá no contexto municipal, e os novos marcos de relación e acción para a transformación social, partidos e movementos.

Participantes:

Silvia Villar da Casa Colorida, Laura Sánchez de Proxecto Cárcere, Florencio González de Radio Prometea, Anna Diop de Domou África, Jaime Ortiz de Stop Desafiuzamentos e Claudia Delso, Concelleira de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña.

Coa colaboración de:
Tinta Bacanal
Normal - Universidade da Coruña
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Cooperación Galega