Guía Práctica sobre Accesibilidade

Naceu coa vocación de convertirse nun manual de consulta útil, práctico e de fácil lectura e manexo, para que a accesibilidade sexa un tema transversal no proceso do proxecto arquitectónico dende o inicio deste. O obxectivo último era que estas necesidades sexan asumidas e interiorizadas polos arquitectos como un elemento que, lonxe de limitar as posibilidades creativas, garantan uns dereitos a unha poboación tradicionalmente discriminada.

Dun modo principalmente gráfico, define os principais requerimentos para que calquera intervención proxectada sexa accesible a todos e todas as usuarias, sen ter que estar específicamente deseñada para persoas con movilidad reducida. Non se trata polo tanto dun compendio de todas as prescripcións desexables, nen sequera de todas aquelas as que obriga a lei, se non de facer un documento de primeira consulta que non descarte unha profundización posterior no tema.

Publicáronse 2.000 exemplares que se repartiron entre os colexiados da delegación do COAG en A Coruña, os asistentes ás xornadas e os estudantes da ETSAC, financiados pola delegación do COAG en A Coruña.

Contactouse co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, colectivos de médicos e asociacións de discapacitados para realizar unha nova edición e ampliar a difusión da guía.