Plan Proxecta para fomentar a innovación educativa
nos centros escolares de Galicia
Galicia. 2015-2016
Nome do proxecto: Plan Proxecta para fomentar a innovación educativa nos centros educativos de Galicia
Lugar: A Coruña, Lugo, Galicia
Data de execución: 2015-2016
Financiador: Proxecto Terra, Xunta de Galicia
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: Proxecto Terra
Ficha: PDF
Tras varias colaboracións puntuais en proxectos de educación anteriores, o Proxecto Terra propúxonos presentar conxuntamente un programa para o Plan Proxecta deste curso 2015/2016 da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A iniciativa ten por obxectivo fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan competencias clave do curriculum e elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
O tema que escollemos para seren traballado nos centros educativos foi o Dereito ao Hábitat. Compartimos coas escolas e institutos a Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat elaborada pola cooperativa galega Hábitat Social, así como todo o material educativo de ASF dispoñible na nosa web de recursos educativos.
A proposta foi moi ben recibida e trinta e seis centros das catro provincias galegas mostraron interese e promoveron a realización de proxectos baixo esta temática. Persoas técnicas e voluntarias de ASF foron dar apoio e seguimento a catro dos centros interesados a través da realización de actividades nas aulas, encontros co profesorado e asesoramento das iniciativas a desenvolver.
Para ASF participar neste programa resultou ser unha experiencia altamente positiva, xa que permitiu achegarnos a centros de toda a xeografía galega e traballar co alumnado de diferentes contextos un tema universal como é o dereito ao hábitat.