Proxecto de Difusión do Dereito ao Hábitat
e as súas dimensións transculturais e de xénero na comunidade educativa
A Coruña, Galicia. 2015-2016
Nome do proxecto: Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transculturais e de xénero a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa da Área Metropolitana A Coruña
Lugar: A Coruña, Galicia
Data de execución: 2015-2016
Financiador: Xunta de Galicia
Presuposto: 42.512€
Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia
Contraparte: Tinta Bacanal
Ficha: PDF
O obxectivo do proxecto é formar e sensibilizar sobre o Dereito ao Hábitat na universidade e nos centros escolares. Nesta ocasión, colaboramos cunha asociación de escritura, Tinta Bacanal, que nos deu soporte en todas aquelas actividades creativas e na elaboración de material didáctico.
A proposta nace dunha análise sobre a situación educativa froito da experiencia traballando neste eido nos últimos anos. Constatamos a escasa formación específica sobre hábitat no contexto universitario galego e un descoñecemento sobre o dereito ao hábitat nos colexios e institutos da área metropolitana de A Coruña.
Para contribuír a solucionar este problema formulamos numerosas actividades unificadas a través de dous eixes transversais fundamentais: a interculturalidade e o xénero.
- 3ª edición do curso en liña Hábitat a Escala Humana
- 4ª edición do Seminario Hábitat a Escala Humana. Toma Parte! Durante tres sesións de conferencias reflexionamos sobre o fenómeno da participación cidadá desde a teoría e a práctica no rural e no urbano
- Gravación e publicación do podcast Habitando, de periodicidade mensual, no que debatimos sobre temas relacionados co hábitat
- Antoloxía Catro Paredes. Concurso de relato breve baixo o fío condutor do hábitat celebrado na Universidade da Coruña
- Publicación de Cidadanía Invisible. É un libro que recompila as historias de vida das persoas coas que habitualmente traballamos en ASF: os asentamentos chabolistas da Coruña e as comunidades rurais de Retalhuleu, Guatemala
- Celebración da semana do Hábitat 2016
- Diagnóstico participativo nos centros escolares para evidenciar a situación actual do coñecemento do dereito ao hábitat na educación secundaria
- Obradoiro de escritura creativa Nós Contamos coa infancia dos asentamentos chabolistas da Coruña.