Proxecto D’Hábitat de Difusión do Dereito ao Hábitat

e as súas dimensións transversais na comunidade educativa
A Coruña, Galicia. 2014-2015

Nome do proxecto: Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transversais a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa

Lugar: A Coruña, Galicia

Data de execución: 2014-2015

Financiador: Xunta de Galicia

Presuposto: 56.611,77 €

Demarcación responsable: Arquitectura Sen Fronteiras, Galicia

Contraparte: Universidade da Coruña, Proxecto Terra

Ficha: PDF

Seminario Hábitat a Escala Humana 2015 sesión 1: Yayo Herrero

Este proxecto xorde para dar continuidade ao traballo realizado na primeira edición do proxecto d’Habitat.

A proposta ten como obxectivo sensibilizar e formar sobre o dereito ao hábitat na ensinanza secundaria e universitaria de Galicia. Búscase visibilizar a diversidade de realidades e problemáticas en torno ao hábitat e as súas dimensións transversais en contextos globais e locais.

Trátase tamén de introducir na Universidade da Coruña os contidos técnicos que, a través de diversos recursos académicos, doten de ferramentas básicas aos futuros profesionais do hábitat dende un enfoque social.

Ao longo de trece meses entre os anos 2014 e 2015 leváronse a cabo numerosas actividades.

- 2ª edición do curso en liña Hábitat a Escala Humana, introducindo nesta edición un módulo sobre a visión antropolóxica do hábitat e un módulo específico de xénero
- 3ª edición do seminario Hábitat a Escala Humana, abordando ao longo de tres sesións a perspectiva de xénero no hábitat
- Encontro académico entre profesorado de distintas universidades para debater sobre o enfoque social na ensinanza de arquitectura
- Celebración da semana do Hábitat 2015
- Elaboración dunha páxina web de recursos educativos para profesorado de secundaria
- Explicación da unidade didáctica Dereito ao Hábitat ao profesorado de secundaria do Proxecto Terra
- Charlas de sensibilización sobre a importancia de reciclar aceite doméstico en centros educativos da contorna da Coruña apoiando ao proxecto de autoemprego de Mulleres Colleiteiras

Coa colaboración de:
Proxecto d'Hábitat
ETSAC Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
Universidade da Coruña
Proxecto Terra
Xunta de Galicia
Cooperación Galega