‘El Derecho a un Techito’ e ‘Ciudadanía Invisible’ de novo en A coruña

El Derecho a un Techito

O documental El derecho a un techito realizado por AGARESO, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, de novo en A Coruña. Proxectarase o vindeiro xoves 15 de setembro na sede do Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña ás 20.00 horas.

Tras a proxección, de 25 minutos, presentarase a publicación Ciudadanía Invisible, que repasa as historias de vida das persoas na súa loita polo dereito ao hábitat nos contextos dos asentamentos precarios da Coruña e das comunidades indíxenas da Costa Sur de Guatemala, cos que ASF ven traballando hai anos dende unha perspectiva social e de dereitos.

Para rematar, terá lugar un coloquio cos membros de ASF implicados no desenvolvemento destes traballos. De ser posible, tamén participarán a través de videoconferencia os socios de ASF dende Guatemala.

Por outra banda, hoxe comenza a 10° Mostra de Cine+Video Indíxena, organizada polo Museo Chileno de Arte Precolombino, onde tamén se proxectará o noso documental o día 9.

Next Post »

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.