El Derecho a un Techito en Chile y Bolivia

‘El Derecho a un Techito’ non para de darnos alegrías, foi seleccionado polo XII Festival Internacional dos Dereitos Humanos de Sucre, Bolivia, e pola 10º Mostra de Cinema + Vídeo Indíxena de Santiago de Chile. O documental, realizado por AGARESO coa produción de Waka Films, mostra a realidade das condicións habitacionales e de vida das comunidades mayas da costa sur de Guatemala, e labor que ASF Galicia vén desenvolvendo alí desde hai 18 anos.

Festimo, Festival Internacional de los Derechos Humanos

O Festimo, Festival Internacional de los Derechos Humanos, plantexase fortalecer a cultura dos Dereitos Humnos, a democracia e a paz a través do cinema e o diálogo intercultural en Bolivia. Terá lugar do 15 ao 21 de agosto en diferentes salas da cidade. El Derecho a un Techito proxectarase o venres 19 ás 16 horas no MUSEF.

10º Muestra Cine y Vídeo Indígena

Pola súa parte, a 10º Muestra de Cine + Vídeo Indígena de Santiago de Chile naceu o ano 2005 pola necesidade de difundir este tipo de producións no país. A mostra inaugúrase o 5 de setembro no Museo Chileno de Arte Precolombino e posteriormente será exhibido noutras 4 salas de Santiago e percorrerá o país en 10 salas ata novembro.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.