El Derecho a un Techito no Festival Internacional de Cine Solidario KO&digital

KO&digital

El Derecho a un Techito proxectarase tamén en Cataluña, xa que resultou seleccionado polo Festival Internacional de Cine Solidario KO&digital a celebrar en Sant Sadurní d’Anoia, Barcelona. O festival naceu co propósito de chamar a concurso a curtos e documentais, realizados por Ong, emigrantes, e particulares, que sensibilicen sobre temas sociais, ambientais e o seu contexto.

Trátase dunha iniciativa de KO&dixital, un proxecto de sensibilización e educación para o desenvolvemento destinado a mellorar a comunicación ONG sociedade civil, asegurar canles de comunicación dos problemas do Sur máis eficientes e abrir novas vías para transmitilos.

A proxección terá lugar o luns 7 de novembro a partir das 20:30 horas na rúa Indústria, 59 de Sant Sadurní d’Anoia.

Durante a súa celebración realizaranse mesas redondas ao redor das temáticas propostas e desenvolveranse xornadas de sensibilización en escolas primarias, asociacións da terceira idade e concellos de Barcelona.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.