Lara Medín de ASF Galicia e Antonio Grunfeld de AGARESO durante o coloquio posterior á proxección
O pasado 11 de abril na sala Numax de Santiago de Compostela estreamos o documental “La Escuelita del Manchón”. Trátase da primera proxección en Galicia dun novo audiovisual, tras ‘El derecho a un techito‘, gravado por AGARESO co financiamento do Concello de Santiago sobre ASF Galicia en Guatemala. O documental amosa dende un enfoque de dereitos o traballo que estamos a desenvolver dende hai anos en materia de educación xunto as organización PROYDE, ASIAPRODI e PRODESSA na costa sur guatemalteca.
A actividade formou parte da Mostra de Curtametraxes Sociais organizada pola Coordinadora Galega de ONGDs e o Concello de Santiago, dentro da programación da IV Edición do Compostela + Solidaria. Contou coa presencia de Concepción Fernández Fernández, Concelleira responsable de Políticas Sociais do Concello de Santiago.
Deixar unha resposta