Estrea online do documental La escuelita del Manchón

Unha nova que levabamos tempo querendo anunciar: estreamos La Escuelita del Manchón, un novo documental sobre a nosa labor en Guatemala. Será de forma online a través da plataforma Zoom o próximo xoves 18 de xuño as 20:15 horas (as 12:15 en Guatemala).

Se queres participar no evento, INSCRÍBETE NA SEGUINTE LIGAZÓN:

https://forms.gle/31spkC4C4nkrfK3w8

O documental, que foi financiado polo Concello de Santiago de Compostela e realizado por Agareso, retrata non só a situación da educación en Guatemala, que está á cola do investimento educativo en toda Latinoamérica, se non tamén o traballo que realiza Arquitectura sen Fronteiras, xunto coas súas organizacións socias, Proyde, Asiaprodi e Prodessa, para fomentar unha educación de calidade e inclusiva na zona sur de Guatemala, onde traballan desde hai máis de 22 anos.

La escuelita del ManchónSINOPSIS

El Manchón, unha pequena comunidade en Guatemala, quedou sen escola. Pero Stefany con só dez anos ten claro o seu soño: Quere construír unha escola branca para o seu pobo, con xanelas grandes por onde pase o vento.

Guatemala é un dos países que menos inviste en educación de América Latina polo que as oportunidades dos nenos, e sobre todo das nenas dos pobos máis afastados, son escasas. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia traballa coas súas contrapartes ASIAPRODI, PRODESSA E PROYDE para promover unha educación de calidade nas comunidades máis empobrecidas do país.

Tras a proxección, terá lugar un coloquio no que participarán membros das organizacións implicadas tanto dende España como dende Guatemala, para responder as cuestións dos participantes e expoñer cal é a realidade educativa do país nestes momentos e como se está adaptado o sistema educativo ao confinamento.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Páginas
RECENT COMMENTS
FlICKR GALLERY