Exposición 25º Aniversario ASF Galicia na ETSAC

Expo 25 Aniversario ASF Galicia

O pasado 3 de novembro cumprimos 25 anos.
Ese venres do outono de 1995 quedou legalmente constituída Arquitectura Sen Fronteiras Galicia.

Non é doado resumir tanto tempo de accións e reflexións, erros e aprendizaxes, cambios e constantes, soños e esforzo, traballo e lecer, compromiso e voluntariado, diversidade de persoas e miradas, tempestades e calmas...

Sen embargo, decidimos intentalo.

Nesta exposición queremos amosar unhas pinceladas da vida de ASF con imaxes e verbas que vos trasladen ao imaxinario colectivo do que para nós supón esta organización. Ademais desta visita virtual, tedes a opción presencial, percorrendo ás escaleiras que suben á nosa casa, na escola de arquitectura da Coruña.

Son 25 anos que queremos celebrar nunha situación tan complicada.

Que queremos compartir coa xente que nos quere.

Que queremos recordar ás persoas que nos trouxeron ata aquí.

Que queremos abrir para convidarvos a esta viaxe.

Que queremos agradecer porque son un agasallo.

Feliz ano 2021.

 

(clic nas imaxes para descargar pdf alta calidade)

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.