Finalizadas as obras no CEM3 de Joal- Fadiouth, Senegal

Nos últimos meses traballouse con intensidade para a finalización das instalacións hixiénicas do Centro de Ensino Medio CEM3 de Joal- Fadiouth, coas cales conclúese o amplo programa, posto en marcha dende o ano 2015, cuxo obxectivo foi “Mellorar o acceso a formación da poboación nova, especialmente das mulleres entre 14 e 18 anos, mediante a construción de infraestruturas inclusivas e o fortalecemento das capacidades dos actores locais para fomentar o dereito á educación na localidade de Joal Fadiouth”. Ao longo destes anos dotouse o centro educativo, situado nuns dos barrios máis vulnerables da cidade, con 16 aulas destinadas aos case 1.000 nenos, nenas, mozos e mozas rexistradas anualmente, e aos espazos e instalacións complementarios.

A última fase de construción do CEM 3 foi a terminación do bloque oeste, que comprende as instalacións sanitarias, con aseos separados para alumnas e alumnos, instalacións de auga e de saneamento, investimento realizado co apoio da Deputación de Coruña.

Logo Deputación CoruñaAínda que finalizado o programa, o compromiso de ASF para coa poboación de Joal, continua. Na actualidade cun novo proxecto na mesma localidade no cal se está traballando co Centro de Formación Profesional e o mesmo CEM3, para seguir apoiando a educación secundaria e a formación, principalmente das mozas e as mulleres.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.