Fran Quiroga e Michael Janoschka na 2ª Sesión do IV Seminario Hábitat a Escala Humana

TOMA PARTE!
Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M

 

Fran Quiroga e Michael Janoschka - IV Seminario Hábitat a Escala Humana

O vindeiro xoves 19 de maio o Espazo Cubo da Normal acollerá a partir das 18:30h a primeira sesión do IV Seminario Hábitat a Escala Humana.

Fran Quiroga e Michael Janoschka serán os relatores esta segunda sesión na que nos plantexaremos as respostas dos movementos sociais urbanos ante as estratexias e consecuencias neoliberais. Da reacción á creación. O concepto de cidadanía no mundo rural: mobilización e estratexias de participación na defensa do común.

FRAN QUIROGA

“Os comúns. Espazos de posibilidades, mais tamén de conflictos”

A defensa dos montes veciñais en man común, a loita polo mantemento de sementes tradicionais, o apoxeo do software libre, o impulso das licencias creative commons ou as novas institucións dos comúns veñen a acreditar unha emerxencia dos comúns, como formas de socialización e de xestión de recursos.

As múltiples revoltas e manifestacións dos comúns vindican eses outros procesos de construción, produción e activación de novos desexos e posibilidades. Esta multiplicidade de procesos e diversas formas de facer e vivir os comúns, son claros exemplos desa capacidade de tecer eses espazos de encontro nos que é posible construir lazos de confianza e solidariedade a través de estruturas de autoorganización social. Mais tamén existen riscos, dúbidas, conflictos, friccións,…

Fran Quiroga é investigador. Coordinador do CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC. Co-coordina Montenoso, comunidade epistémica experimental en torno aos montes veciñais en man común. Coordina o Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comunes. É fundador e director de Kolectiv, Oficina de I+C+i.

MICHAEL JANOSCHKA

“Producir un hábitat inclusivo en la era del capitalismo depredador. Reflexiones críticas a partir de experiencias europeas y latinoamericanas de participación, resistencia y organización ciudadana”

O Dereito ao Hábitat pódese detallar en cinco grandes liñas de interese, que se presentan en constante disputa entre as forzas económicas, políticas e sociais: vivenda, chan, bens comúns, mobilidade, así como a propia constitución dos cidadáns como suxeitos de transformación social. A partir destas cinco dimensións irase aplicando unha matriz analítica para reflexionar sobre as experiencias actuais de participación, resistencia e organización cidadá no Estado español, froito dos procesos organizativos da época post-15M e da institucionalización (parcial) dos movementos sociais a través da súa inserción nos partidos instrumentais a escala local, procesos que transformaron á vez as estratexias de resistencia e constitución das disputas por e na cidade.

Aplicando unha perspectiva comparativa que se enriquece coas experiencias da rede CONTESTED_CITIES nas loitas polo hábitat en cinco países de América Latina, irase cuestionando algunhas das lóxicas centrais dos procesos de participación e organización cidadá que se foron implementando especialmente no último ano, para expornos a cuestión de como é posible reverter os múltiples procesos de desposesión que se produciron nas décadas de profundización do capitalismo depredador a escala global, e propoñer un hábitat radicalmente diferente ao que se nos afixo vivir. Para iso, estímase necesario abordar con maior profundidade o repertorios de acción colectiva, así como expor a cuestión das posibles fórmulas organizativas que logren activar e politizar, desde a escala da proximidade local, as nosas vidas cotiás.

Michael Janoschka é investigador Ramón y Cajal no Departamento de Ciencia Política e Relacións Internacionais da Universidade Autónoma de Madrid, e coordinador científico da rede internacional de investigación CONTESTED_CITIES (FP7-PEOPLE-PIRSES-GA-2012-318944).

  • Xoves 19 de maio, 18:30 a 21h
  • Espazo Cubo da Normal Paseo de Ronda 47, A Coruña
  • Entrada libre

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.