Hábitat e Infancia – Habitando Ep.3

Hábitat e Infancia - Habitando Ep.3Afirma o pedagogo Francesco Tonucci que as cidades están pensadas para un modelo de persoa únicamente: un adulto, varón e traballador. Un modelo que deixa fora moitos colectivos, entre outros as nenas e nenos que desapareceron das nosas rúas. Preocúpanos o que lles poida pasar si non están vixiados. Por unha banda o problema do tráfico, e por outra o pánico a un secuestro ou algo peor.

Neste episodio falamos de Hábitat e Infancia. Tomamos como referencia a obra 'A cidade dos nenos' de Tonucci, de lectura obrigada para quen queira profundar no tema:

E por suposto tamén comentamos as novas acontecidas no pasado mes en Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, e repasamos a axenda para decembro.

Outras ligazóns de interese:

Moitas gracias por escoitarnos!

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Deixar unha resposta