I Edición do curso Tecnoloxías Apropiadas

Abrimos a primeira edición do curso en liña Tecnoloxías Apropiadas:

Información do curso (castelán, pdf 3,6 Mb)

No marco do curso en liña Hábitat a Escala Humana organizado por ASF Galicia dende o ano 2015, abordamos o tema das Tecnoloxías Apropiadas dedicándolle un dos 6 módulos do curso. Co tempo, a necesidade e o desexo de seguir profundando neste tema lévanos a ofrecer unha introdución ao mesmo máis ampla e en formato en liña igualmente.

Un equipo de diversas persoas vinculadas a ASF Galicia, de perfís profesionais que vinculan a arquitectura, a cooperación internacional, a educación e a participación social, elaborou os contidos que se ofrecen neste curso, seguindo a proposta de estrutura elaborada previamente pola cooperativa Hábitat Social.

Propuxémonos profundar un pouco máis na definición e aplicación das Tecnoloxías Apropiadas no momento actual, no que se presentan como unha alternativa ao modelo de desenvolvemento dominante neste contexto de crise civilizatoria en países do Norte e o Sur Global.

Tecnoloxías ApropiadasMódulos

  • Módulo 1: Aproximación ás Tecnoloxías Apropiadas
  • Módulo 2: Tecnoloxías Apropiadas para un hábitat sostible
  • Módulo 3: Ferramentas para o deseño e avaliación das Tecnoloxías Apropiadas

Calendario

Período lectivo: 24 de outubro ao 22 de decembro.

  • Módulo 1: 24 outubro - 6 de novembro
  • Módulo 2: 7 novembro - 20 de novembro
  • Modulo 3: 21 novembro - 4 decembro
  • Desenvolvemento práctica: 5 - 22 de decembro

Entrega de avaliacións finais: 12 de xaneiro

Información e inscrición

  • Idioma opcional : Castelán ou galego
  • Tarifa xeral: 120 euros.
  • Tarifa reducida*: 100 euros
  • Data límite de inscrición: 20 de outubro
  • Prazas limitadas: 30 prazas

* A tarifa reducida aplicarase durante todo o período de inscrición a persoas voluntarias ou socias de Arquitectura Sen Fronteiras ou de Enxeñería sen Fronteiras. O resto de persoas que se matriculen antes do 10 de outubro tamén gozarán de matrícula reducida.

Inscrición: cubrir o seguinte Formulario Inscrición

Descarga o cartel

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.