Lanzamento en Coruña da #CooperaciónExpandida

Cooperación Expandida

Nada para impulsar procesos comunitarios de reflexión e toma de conciencia que puxen por unhas relacións internacionais máis xustas, Cooperación Expandida é unha aposta intencionada por enrolar á cidadanía nas problemáticas globais e os Dereitos Humanos dende o local, promovendo a súa participación e protagonismo dentro do sistema internacional de cooperación.

Implicar á sociedade civil coruñesa, rachar barreiras na defensa das políticas de cooperación, xerar un relato propio centrado nas posibilidades de cooperar dende o local son algún dos sets obxectivos. Para elo conta coa complicidade do tecido solidario coruñés que quere achegarse a públicos tradicionalmente non participativos no eido da cooperación, ofrecéndolles a posibilidade de coñecer, participar e formarse nesta área.

Convídannos a ser cómplices do seu proxecto: animando á participación, difundindo e divulgando as actividades, facendo de mediadoras e interlocutoras expandidas con asociacións de veciños, culturais, tecido empresarial, educativo, clubes de deportes, en resumo, colectivos e persoas de calquera ámbito, pois a idea final do proxecto é involucrar a toda a cidade da Coruña nesta experiencia, para que comecemos dende o noso día a día a levar a cabo pequenas accións e compromisos para co respecto ós dereitos humanos.

Segue á Cooperación Expandida na súa Web, en Facebook ou Twitter

 

 

Deixar unha resposta