Mulleres Colleiteiras na Feira de Proxectos de Vida Feministas e Finalistas Ecoembes

Mulleres Colleiteiras na Feira de Proxectos de Vida FeministasO pasado 26 de novembro, xusto un día despois do Día Internacional Contra as Violencias Machistas, celebrouse no coruñés Mercado de San Agustín a Feira de Proxectos de Vida Feministas, unha iniciativa de Experiencias Feministas de Pardo Bazán a prol da igualdade e para visibilizar proxectos desenvolvidos por mulleres.

Mulleres Colleiteiras acudiron puntuais á cita para informar sobre o servizo que prestan á sociedade, repartir embudes especialmente deseñados para a recollida de aceite, e facilitar folletos cos puntos de recollida tanto na cidade como en concellos limítrofes. Unha xornada para compartir e coñecer outras iniciativas á que acudiron as socias da cooperativa Esther Gabarre Lourdes Gabarre, e Sabela Gabarri do Proxecto Social Mulleres Colleiteiras, xunto a varias voluntarias do grupo de Cooperación Local de Arquitectura Sen Fronteiras.

Mulleres Colleiteiras - Premios R Ecoembes

E pouco despois, o día 30, Eva Gómez acudiu a Madrid en representación da cooperativa para recoller o galardón de finalista na categoría Mellor Iniciativa Social dos IV Premios R de Ecoembes. Un novo recoñecemento á súa labor na prevención e a reciclaxe de aceite doméstico usado, un dos residuos máis comúns e daniños para o medioambiente.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.