Mulleres Colleiteiras renova o seu convenio con Edar Bens

Convenio Edar Bens - Mulleres ColleiteirasO pasado 23 de marzo Mulleres Colleiteiras asinuo un novo convenio para o ano 2018 con Edar Bens SA, a empresa supramunicipal responsable da depuración das augas residuais de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. O seu director Carlos Lamora subliñou o grande traballo realizado pola cooperativa que no pasado 2017 cuadriplicou a cantidade de aceite doméstico recollido en contenedores na vía publica respecto ao exercicio anterior. A todo ese aceite hai que engadir o recollido en puntos privados e semipúblicos.

Mulleres Colleiteiras na actualidade recolle o aceite dos contenedores e o traslada as súas instalación para unha vez limpo, véndelo a unha multinacional que o transforma en biodiésel. Pero aspiran poder completar o proceso e que o aceite recuperado se reutilice a nivel local, para calefaccións de colexios e outros organismo públicos, por exemplo. Este convenio contribuirá a acadar esta meta nun futuro próximo.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.