Na Asemblea Arquitectura Sen Fronteiras Galicia 2016

Asemblea Arquitectura Sen Fronteiras Galicia 2016

O pasado sábado 9 de abril celebrouse no Fórum Metropolitano da Coruña as Asembleas Xeral e Extraordinaria de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Todas as persoas socias, voluntarias e persoal contratado da demarcación estabamos convidadas. Aínda que a asistencia non foi excesivamente numerosa, si contamos con sobrada representación de todos os grupos de traballo e persoal de ASF en Galicia.

Dentro da extensa orde do día destacou a presentación da Memoria de Actividades de 2015, cando as persoas responsables de cada área expuxeron os logros alcanzados o pasado ano e as súas expectativas para o 2016. Logros recolleitos nun vídeo de tres minutos que se proxectou á asistencia e próximamente estará dispoñible para todo o mundo.

Asemblea Arquitectura Sen Fronteiras Galicia 2016

Tras a Asemblea Xeral chegou a Extraordinaria, que como punto forte tiña a renovación da xa pasada Xunta Directiva. As tres candidaturas presentadas foron elixidas por maioría absoluta sen votos negativos e contando unicamente coa abstención das persoas que se presentaban.

A presidencia, ostentada ata o momento por Soledad Bugallo Chouciño será ocupada por Juan Antonio Ortiz Delgado, Cristina Botana Iglesias cede a quenda a Lucía García-Cernuda Ruiz de Alda na secretaría, e Alberto Fortes Novoa da paso a Ana Rivas del Pozo como nova tesoureira. A vocalía ostentada por Lara Medín López queda vacante na nova Xunta Directiva.

Sen tempo para máis dirixímonos a brindar por todo o conseguido neste pasado exercicio a un local próximo, confraternización que se estendeu durante a comida e sobremesa.

Queremos achegar os nosos agradecementos a Sole, Cris, Alberto e Lara, sodes moi grandes. Deixades o listón ben alto.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.