Nas XIII Xornadas interculturais do Concello de Cangas do Morrazo

XIII Xornadas Interculturais Cangas

O Concello de Cangas puxo en marcha un ano mais as XIII Xornadas Interculturais “Crecendo na diversidade”. Ao longo dos meses de maio e xuño está previsto un programa variado de actividades para os centros educativos do municipio entre os cales destacan actuacións de contacontos, proxeccións e conferencias desenvolvidas por distintas entidades para todos os grupos de idade.

Arquitectura Sen Fronteiras Galicia estivo invitada a participar por primeira vez nesta edición. Aproveitamos a ocasión para organizar un videoforum para o alumnado de 3º de ESO do IES Rodeira e o Colexio Compañía de María. Durante as sesións proxectamos dous audiovisuais promovidos por ASF: a curtometraxe Pedra, Papel sobre a infancia nos asentamentos precarios da cidade da Coruña e o documental El derecho a un Techito, sobre a realidade guatemalteca. A continuación iniciouse un debate entre os alumnos e alumnas reflexionando sobre os temas que mais chamaron a súa atención, como o papel da muller, a forma de traballar en comunidade ou a situación da vivenda en Galicia.

Dada a nosa localización, temos menos actividades no sur de Galicia e queremos agradecer ao Concello ternos invitado. Para nós foi un gusto poder achegarnos a Cangas e conversar coa súa mocidade sobre algúns dos aspectos que tanto nos preocupan.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.