Ola a todo o mundo!

PCR 2018

Ola a todo o mundo!

Somos Marta Sicre e Sabela Girón, acabamos de chegar a Retalhuleu, Guatemala, acompañadas polo equipo de Arquitectura Sen Fronteiras, ONGd coa que disfrutaremos da bolsa do Proxecto de Coñecemento da Realidade que nos concedeu a UDC a través da OCV.

Co traballo que se desenvolverá este ano en terreo, desde ASF seguiremos colaborando na loita polo dereito a un hábitat digno. A partir de hoxe, comezaremos apoiando ás persoas expatriadas no traballo de oficina e pronto visitaremos as vivendas que se están a construír no municipio de Champerico como parte do proxecto de habitabilidade deste ano.

Comezaremos a traballar tamén no deseño dun proceso participativo que levaremos a cabo cos nenos e nenas da Escuela de El Manchón, construción que formará parte do proxecto de educación. Ademais, seremos testemuñas da grabación do documental que nas vindeiras semanas rodará AGARESO, Asociación de Reporteiros Galegos Solidarios que, por segunda vez, achegarase a Guatemala para filmar o traballo que ASF elabora xunto coas súas contrapartes en terreo.

Todas estas experiencias e outras, agardamos poder contárvolas a través de publicacións coma esta, que a cada semana traeremos a esta páxina. Agardamos acadar unha nova experiencia que complete a nosa formación en cooperación ao desenvolvemento e a nosa visión da realidade social existente. Esta nova vivencia de seguro será chave para que o traballo que poidamos desenvolver, agora e no futuro, se achegué máis ás necesidades existentes e á calidade das solucións aportadas desde o equipo de traballo.

Animámosvos a que, se vos interesa, sigades lendo as nosas próximas aventuras e así disfrutedes connosco desta experiencia única e, sen dúbida, recomendable para todo o mundo.

Un saúdo e ata a próxima!

Deixar unha resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.