Os Comúns, con Fran Quiroga – Habitando Ep.14

Habitando Ep.14 - Fran QuirogaHoxe comenzamos unha serie de tres episodios sobre Os Comúns, ou Procomúns:

Como paradigma, o procomún consiste en modelos evolutivos e funcionais de autoabastecemento e xestión que combinan o económico e o social, o colectivo e o individual. No fondo é humanístico pero tamén ten implicacións profundamente políticas, porque o só feito de venerar os comúns pode provocar choques desagradables co duopolio establecido Mercado/Estado.

Pensar desde los comunes. Una Breve introducción
David Bollier, 2014

Unha primeira sesión máis teórica, para sentar un pouco as bases, antes de achegarmos a exemplos máis de preto. Acompáñanos Fran Quiroga. Fran é investigador, coordinador do CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC, co-coordina Montenoso, comunidade epistémica experimental en torno aos montes veciñais en man común. Tamén Coordina o Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comunes e é fundador e director de Kolectiv, Oficina de I+C+i.

Ligazóns de interese:

 

 

Habitando Ep.14

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.