Paso de ecuador

Bos días, boas tardes e boas noites!

Aquí estamos unha semana máis para contarvos o que estamos a facer do outro lado do charco. Esta foi a terceira semana en Xela, cidade que pouco a pouco vamos coñecendo mellor, xa que aproveitamos un ratiño cada día despois de comer para percorrela.

As tres disfrutando das vistas da cidade de Xela   As tres disfrutando das vistas da cidade de Xela

A principios da semana tivemos a oportunidade de ter unha reunión con tres persoas guatemaltecas, estudantes de arquitectura, interesadas en participar como voluntarias connosco. Xa tiñamos falado e compartido información os meses anteriores e, aproveitando que Bea é a actual responsable de voluntariado de ASF- Galicia, traballamos esta nova posibilidade de colaboración en terreo.

Acudimos as tres xuntas ao encontro para realizar una charla de voluntariado, é dicir, explicarlles que é Arquitectura Sen Fronteiras, como se dividen as diferentes demarcacións dentro de España, os grupos de traballo dentro de Galicia, todo o percorrido do grupo de traballo de cooperación internacional no contexto concreto no que traballamos e, finalmente, os proxectos actuais e as formas de colaboración como voluntarios.

Foi unha reunión moi interesante, onde puidemos escoitar as súas motivacións para colaborar connosco, as súas opinións sobre a arquitectura, experiencias previas e inquietudes. Será un intercambio de opinións que se seguirá a producir, xa que temos dous novos voluntarios no grupo de traballo! Esperamos que sexa unha experiencia tan interesante e enriquecedora para eles como foi para nosoutras ata o de agora formar parte de este gran equipo de persoas.

Charla de voluntariado cos compañeiros de GuatemalaCharla de voluntariado cos compañeiros de Guatemala

Por outro lado, durante toda a semana continuamos coas nosas tarefas PCR. Á que mais tempo puidemos adicar, foi á preparación do proceso participativo de deseño do espacio de ocio da escola que se vai a construír na comunidade de María del Mar. Esta actividade consiste na adaptación do proceso levado a cabo no 2015 co alumnado do instituto da comunidade do Rosario.

Este ano o grupo de nenas e nenos cos que traballaremos teñen entre 5 e 12 anos e, actualmente, teñen as clases no salón común da comunidade ata que se constrúa a nova escola. Por isto, estivemos a traballar nas etapas que realizaremos para que o alumnado sexa consciente de que ese espazo é deles. Se traballan xuntos, aportando cada quen as súas habilidades, poden melloralo. Se o coidan poden ter un bo espacio de ocio.

O traballo previo está consistindo na investigación en metodoloxías participativas, na búsqueda de exemplos de deseño de espazos de ocio con nenos e nenas de idades similares, na definición dos obxectivos que se queren alcanzar en cada fase e que dinámicas precisamos… Aquí vos deixamos un primeiro esquema do que se quere levar a cabo:proceso participativoTodo isto, de forma paralela ao apoio aos nosos compañeiros nas tarefas que van xurdindo dentro dos tres proxectos (instituto do Rosario, escola de María del Mar, e as dúas fases do proxecto de hábitat), unha longa reunión de posta ao día con Juventina e Damián (compañeiros da ONG contraparte, ASIAPRODI), a reunión co enxeñeiro de estruturas, a formulación dun novo proxecto para unha convocatoria, así como as demais tarefas PCR de investigación en infraestruturas educativas ou a proposta dun tema de Traballo de fin de Máster para a escola de arquitectura de A Coruña. Si si, todo isto nunha semana!

E como sempre, o fin de semana aproveitamos para algunha excursión. O sábado visitamos un pobo próximo, Cantel, coñecido pola súa fábrica de tecidos de algodón e a súa cooperativa de  de vidro reciclado, na cal tivemos a oportunidade de coñecer aos traballadores e traballadoras que nos mostraron todo o proceso para facer unha peza deste material. Quedamos impresionadas coa velocidade e precisión do traballo!

Despois de mercar moitos agasallos, achegámonos á vila para dar un pequeno e tranquilo paseo, desfrutando das vistas das montañas próximas.

 Proceso de fabricación de pezas de vidro reutilizado e paseo por CantelProceso de fabricación de pezas de vidro reutilizado e paseo por Cantel

O domingo, dispuxémonos ben pronto para visitar unha lagoa no cráter dun volcán, a lagoa Chicabal, na compañía do noso xa habitual guía. Tras unha hora nun “chicken bus” e outra de camiño a pé acadamos o mirador, para observar a lagoa dende arriba.

Tralas 573 escaleiras de descenso chegamos a este fermoso lugar, cheo de flores, restos das ofrendas realizadas nos rituais maias. Despois de coller forzas cun almorzo e descanso, continuamos a ruta percorrendo toda a contorna da lagoa, vendo cada un dos 20 altares maias que existen neste camiño (un por cada nawal do calendario). Todo isto acompañadas pola néboa que ía cubrindo todo, para a continuación deixarnos observar a paisaxe e finalmente voltar a ocupar este incrible espazo natural.

 Lagoa no crater do volcán ChicabalLagoa no crater do volcán Chicabal

Ata próxima!

Deixar unha resposta