Patios Escolares en transformación – Habitando Ep.30

Habitando Ep.30Nos últimos anos estamos a asistir, e mesmo participando, nun proceso continuo de reflexión sobre a educación.  Asistimos a un boom no que as pedagoxías activas, a "innovación” educativa, están a reconsiderar os espazos educativos para poñelos ao servizo de novas formas de facer e relacionarse. Un momento de preocupación por aspectos que van máis aló do currículo académico e que tratan de fomentar habilidades e capacidades relacionadas co traballo colectivo, a cooperación ou a participación.

En Galicia non estamos alleas a este momento e son moitos os centros e comunidades educativas que están a xerar procesos de cambio a través de repensar os espazos dos seus centros e particularmente os patios: lugares para o recreo, xogo, relación... e tamén espazo de conflito, abusos, acoso, de illamento ou soidade. Ese espazo e esos momentos son tamén parte da educación, tan ou máis importantes que o que ocorre nas aulas.

A coeducación, a saúde física, mental e social, a participación e o fortalecemento da comunidade educativa, a inclusión, a sustentabilidade, son principios e metas que se intentan materializar a través da transformación dos espazos de patios e tempos de recreo. Hoxe acompáñannos unha marabillosa representación destas vontades e desexos: Luz Quiroga, xefa de estudos do CEIP San Jurjo de Carricarte no período 2015-17, Natalia Rivas, terapeuta ocupacional e profesora da Facultade de Ciencias da Saúde, e María Mascuñana que está a facer o seu Traballo Fin de Grao sobre proceso participativos e transformación de espazos.

Habitando Ep.30

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.