PCR, Voluntariado en terreo – Habitando Ep.18

Habitando Ep.18 - PCR Voluntariado en terreoDespedimos esta segunda tempada de Habitando cun episodio dedicado ao voluntariado en terreo. Dende hai anos a Universidade da Coruña a través da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado, e tamén a Universidade De Santiago de Compostela, ofrecen bolsas ao seu estudantado para realizar unha estancia en terreo de dous-tres meses. Unha magnífica oportunidade de coñecer o que é a cooperación internacional de primeira man.

Para falar de todo iso acompáñanos Lorena da OCV, quen nos explica en detalle que é o PCR e os requisitos necesarios para optar a unha das bolsas. E a continuación entrevistamos a Elena, Rebeca e Carmen, tres futuras PCR que se desprazarán en poucos meses a Guatemala e Bolivia.

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Deixar unha resposta