Pechado o cartel do IV Seminario Hábitat a Escala Humana: Toma Parte!

A falta dalgún colectivo participante na mesa redonda da 3ª sesión, xa temos pechado o cartel de personalidades e entidades que nos falarán desde distintos puntos de vista sobre procesos participativos na IV Edición do Seminario Hábitat a Escala Humana.

Cartel do IV Seminario Hábitat a Escala Humana

1ª SESIÓN
Venres 13 de maio, 18:30 a 21 horas

MANUEL DELGADO
“O activismo desactivado. Sobre o abandono da rúa como espazo de e para a intervención”

MONTSERRAT GALCERÁN
“Participación versus representación. A complexidade da participación política nas sociedades actuais”

2ª SESIÓN
Xoves 19 de maio, 18:30 a 21 horas

FRAN QUIROGA
“Os comúns. Espazos de posibilidades, mais tamén de conflitos”

MICHAEL JANOSCHKA
“Producir un hábitat inclusivo na era do capitalismo depredador. Reflexións críticas a partir de experiencias europeas e latinoamericanas de participación, resistencia e organización cidada”

3ª SESIÓN
Xoves 26 de maio, de 18:30 a 21 horas

MESA REDONDA
“Experiencias e aprendizaxes na participación social”
Posta en común e debate sobre as metodoloxías empregadas polos representantes de colectivos sociais como
Proxecto Cárcere, A Casa Colorida e outros no ámbito loca.

A entrada será libre e todas as sesión terán lugar no Espazo Cubo da Normal, Paseo de Ronda 47 A Coruña

Formulario de inscrición

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.