Persoas refuxiadas e hábitat – Habitando Ep.4

Patricia MunizCo gallo do pasado 18 de decembro Día Internacional das persoas migrantes, as Nacións Unidas expoñían:

Mesturados con factores de incerteza, urxencia e complexidade, os retos e dificultades da migración internacional requiren unha cooperación fortalecida e unha acción colectiva. As Nacións Unidas están xogando de forma activa un rol catalizador neste área, para crear máis diálogos e interaccións entre países e rexións, asi como para impulsar o intercambio de experiencias e as oportunidades de colaboración.

Á espera de que ese diálogo de os seus froitos, consideramos necesario achegarnos a esa realidade que moitas veces encóllenos o corazón pero por sorte para a maioría de nós énos allea.

Hoxe falamos con Patricia Muñiz do Estudo MMASA, de persoas refuxiadas e hábitat. Patricia atópase nestes momentos terminando a súa tese doctoral sobre vivenda de urxencia e transición, e coñece de primeira man varios campos de refuxiados e refuxiadas sirios en Xordania e o Líbano (non en Siria e Haití, como por erro comentamos no podcast).

E como cada episodio, comentamos as novas acontecidas no pasado mes en Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, e repasamos a axenda para xaneiro.

Campo Refuxiados Zaatari

Campo de refuxiados e refuxiadas de Za'atari en Xordania. Imaxe: Photo Unit

Moitas gracias por escoitarnos!

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Deixar unha resposta