Presentamos dúas novas unidades didácticas sobre o Dereito ao Hábitat

Unidades Didácticas Ciudadanía Invisible y El Derecho a un TechitoQueremos presentarvos dúas novas unidades didácticas diseñadas nos últimos meses e xa dispoñible na web de Rercursos Educativos de ASF. Ambas complementan a primeira Unidade Didáctica de Dereito ao Hábitat.

Unidade Didáctica Ciudadanía InvisibleA primeira de elas é Cidadanía Invisible, realizada por: Cristina Botana Iglesias, Francisco Javier Peteiro Cruz e Fernando Pérez Barral. A partir de Ciudadanía Invisible. Retratos de la lucha por el derecho al hábitat, dispoñible na nosa sección de publicacións, abórdanse preguntas como

Cales son os lugares do teu barrio que mais che gustan?
Que espazos soes evitar?
Que é o que sintes cando chegas á rúa do teu barrio?

Existen varias formas de sentir e de entender unha cidade ou unha vila, especialmente aquelas zonas que utilizamos a diario. Con esta dinámica búscase que o alumnado sexa capaz de entender como e por que existen estas diferencias.

Unidade Didáctica El Derecho a un TechitoA segunda é El Derecho a un Techito, realizada polas mesmas persoas e a partir do documental do mesmo nome sobre a labor de ASF en Guatemala.

Coñecemos algún caso de loita civil na nosa contorna, similar aos que nos contaron en El Derecho a un Techito?

Esta dinámica implica que o alumnado investigue datos, novas ou calqueira outro material que lle achegue estas loitas da cidadanía no seu barrio, vila, cidade, etc., empregando ferramentas accesíbeis na vida cotiá: xornáis, material audiovisual dispoñible na biblioteca do centro, na biblioteca municipal, etc., e por suposto, na rede.

Esperamos que señan unhas ferramentas do voso agrado e que vos sirvan para facilitar a vosa tarefa como profesionais.
E agradecemos a súa difusión.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.