Proxección do documental ‘El Derecho a un Techito’ en Guitiriz

'El Derecho a un Techito' en Guitiriz

Nova oportunidade de ver o documental ‘El derecho a un techito’. Nesta ocasión a proxección terá lugar o venres 29 de xullo as 19 horas na Casa Habanera de Guitiriz.

Trala proxección, de 25 minutos, terá lugar un coloquio cos membros de ASF implicados no desenvolvemento do documental. De ser posible, tamén participarán a través de videoconferencia os socios de ASF desde Guatemala.

Sinopse:

En vinte días Raúl e a súa familia durmirán baixo un teito por onde non pasa a choiva. Nin o medo. Un techito que protexerá a Raúl e aos seus fillos por primeira vez na súa vida da violencia, da enfermidade, e da inxustiza que atenaza aos máis pobres de Guatemala. Un techito que lles quite as penas e énchalles de forzas para esixir os seus dereitos.

En Guatemala máis dun millón e medio de familias non teñen acceso a unha vivenda adecuada e saudable. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia traballa da man das súas contrapartes ASIAPRODI e FODHAP para promover, baixo a filosofía da produción social de vivenda, o dereito a un fogar digno para as persoas máis empobrecidas.

Trailer: https://youtu.be/2TftDAw6GK0

Deixar unha resposta