Acabamos o ano charlando con Xosé Manuel Rosales, arquitecto, Catedrático de Educación Secundaria e Profesor Asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña. Ademais, é coordinador do Proxecto Terra e coautor dalgunhas das unidades didácticas e materiais audiovisuais alí elaborados. Forma parte do equipo organizador de Ludantia, a I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, que se celebrará en Pontevedra en 2018 e para a que xa está aberta a inscrición.
Únenos unha chegada relación, compartimos obxectivos. Colaboramos na actualidade con Proxecto Terra, e participaremos na bienal. Animámosvos a que coñezades a súa traxectoria, todo o traballo que dende hai 18 anos desenvolve en centros de educación de primaria e secundaria de toda Galicia, e por suposto, a que participedes en Ludantia.
Ligazóns de interese:
- Proxecto Terra
- Ludantia
- Contacto: actividades [@] ludantia.org
- Vídeos das Conferencias Ludantia

Ep.13 Proxecto Terra e Ludantia con Xosé Manuel Rosales: Descargar
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Vista Alegre Social Club (vol. 2), Ataque Escampe, álbum Noites de agosto con Ataque Escampe
Deixa unha resposta