Recollida de firmas contra a privatización da Solana e Hotel Finisterre

Recollida de firmas contra a privatización da Solana, Hotel FinisterreA Comisión Aberta en Defensa do Común, un grupo plural de veciñas e veciños da Coruña constituídos en comisión aberta, está a recoller firmas contra a privatización da Solana e do Hotel Finisterre, anunciada pola Autoridade Portuaria da Coruña:

A praia do Parrote sempre foi nosa, un espazo público para disfrute da cidadanía coruñesa. Co traslado do vello cárcere á zona da Torre de Hércules aproveitouse para facer unha piscina, o Hotel Finisterre e, depois dun recheo, as instalacións deportivas da Solana, que hoxe son unha concesión que remata en 2027.

Agora a Autoridade Portuaria, é dicir, o Ministerio de Fomento, quere especular coa venda destes espazos públicos e, a través dunha subasta, facer caixa para pagar unha mínima parte da débeda do porto exterior de Punta Langosteira.

A Coruña “ten que pagar”300 millóns de euros da débeda do Porto Exterior, mentres o Ministerio de Fomento rescata con máis de 5.000 millóns de euros as autoestradas radiais de Madrid.

Arquitectura Sen Fronteiras Galicia súmase a esta recollida e invita a todo o mundo a asinar o documento. Podes facelo no noso local no segundo andar da Escola de Arquitectura, asinar online ou descargarlo e depositalo no Centro Cívico da Cidade Vella, rúa de Veeduría, 2, 15001 A Coruña. Tamén podes escanealo e envialo ao enderezo electrónico: comisiondefensadocomun[@]gmail.com.

Deixar unha resposta