Reiniciamos o verán!

Bos días, boas tardes e boas noites!

Hoxe escribimos a 2000 m por baixo e 15 ºC por riba das nosas entradas anteriores. Xa estamos de volta en Retalhuleu e con moito choio de preparativos para o comezo das obras deste ano nas comunidades de María del Mar (escola), El Rosario (salón e baños), Cuchuapán, Montecristo, Victorias el Salto e Santa Inés (vivendas).

_dsc0017

Vistas desde a nosa terraza en Reu.

Pero non nos adiantemos, aínda vos temos que contar como foi a última semana no Altiplano!

Por suposto, estivemos dándolle duro ao traballo de autocad. Xa coas estruturas calculadas das aulas en María del Mar e do novo salón común en El Rosario, todo o grupo en terreo centrouse en rematar ambos proxectos de execución para poder presentarllo esta semana ás comunidades. Foi un gran traballo de equipo coordinado polos técnicos Lara, Adrián e Ana, que aproveitaron a ocasión para darnos unhas clases maxistrais de cálculo de orzamentos e arquitectura bioclimática. Soamente ao final do día adicábamoslle un chisco de tempo ao corpo indo a facer prácticas de frisbee e correr uns metriños polo complexo deportivo.

img-20161010-wa0004

Maquetas da escola e o novo salón para o instituto. Ocio ao final do día.

Por outra banda, tiñamos pendente facer unha visita ás obras levadas a cabo en San Juan Ostuncalco e San Martín Sacatepéquez rematadas a principio deste ano. Ambos proxectos supoñen a mellora das infraestruturas sanitarias que existían nestes departamentos de Quetzaltenango e están enmarcados nun convenio entre a AECID e Farmamundi. A labor de ASF foi aportar os coñecementos técnicos e dirixir as obras de ampliación dos centros xa existentes.

san-juan

Planos das obras en San Juan e San Martín.

Nos dous centros de saúde a visita foi moi satisfactoria. Os resultados foron os esperados tanto na construción como no uso que se lles está dando. Ademais, o persoal médico encárgase de dar un bo mantemento ás súas novas instalacións e todo se atopa nun perfecto estado. Tamén xurdiu a oportunidade de encontrarnos co alcalde e o primeiro concejal de San Juan, que nos invitaron a café e galletas mentres falabamos das necesidades do departamento en materia de sanidade.

Ampliación do centro de saúde en San Juan.

Xa a finais de semana puidemos despedirnos de Xela entre postos de comida e orquestras que se colocarán durante todas as fins de semana ata a festividade do 1 de novembro. Tamén despedímonos da nosa cooperativa favorita de artesanía local, Trama, onde nos surtimos de souvenirs e algún que outro “auto-regalo”.

Postos no parque central e artesanía local.

E como non podía ser de outra forma, o sábado voltamos ás estradas guatemaltecas, desta volta para baixar todas as nosas pertenzas a Retalhuleu. O domingo de ocio pasámolo no parque acuático Xocomil con Damián, o noso compañeiro da contraparte ASIAPRODI. Quizais non é a paraxe máis natural que vos podemos ensinar pero dende logo foi un gran día para vencer medos e divertirse como cativas pequenas.

Ata a próxima!

Deixar unha resposta