Reunido o comité de avaliación da Convocatoria 2018 para Proxectos de Coñecemento da Realidade [PCR], e unha vez avaliadas as cartas de presentación e os curriculums presentados polas candidatas, tendo en conta os criterios expostos nas Bases da Convocatoria e tras realizar as entrevistas persoais, decidiu respaldar catro das candidaturas presentadas, sendo as persoas seleccionadas para o PCR 2018: Sabela Girón Gesteira, Rebeca Cuevas González, Marta Sicre Maside e Lucía Escrigas Rodríguez. As puntuacións obtidas por todas as candidaturas pódense consultar no Anexo á Resolución da Convocatoria.
Moitas grazas a todas as persoas presentadas
Deixar unha resposta