Tag: Guatemala

Un documental para concienciar e difundir

Un documental para concienciar e difundir

A mediados de agosto viaxamos ata Champerico (Guatemala) xunto a un equipo da ONG Agareso para rodar un documental sobre o programa Noj. Desde 2009 traballamos nun proxecto que ten un obxectivo ambicioso: mellorar a calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero en 10 comunidades indíxenas. Desde que comezamos, avanzamos moito, exemplo diso é a…

Comezo das obras de construción do albergue comunitario da Comunidade Indíxena Mam Cajolá

Comezo das obras de construción do albergue comunitario da Comunidade Indíxena Mam Cajolá

Imaxe 3D do edificio terminado Comezaron as obras de construción do albergue comunitario da Comunidade Indíxena Mam Cajolá, que dará servizo ás 267 familias indíxenas, na súa maioría nais solteiras e viúvas, recentemente reasentadas no municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala. Esta construción inclúe unha área de albergue, adegas, cociña, unha área de lavado, duchas e…

2019, logros en Guatemala

2019, logros en Guatemala

Pechamos o ano 2019 e continúa o traballo de Arquitectura sen Fronteiras – Galicia, no Municipio de Champerico (Retalhuleu, Guatemala). En 2019 seguíronse executando xunto ás organizacións ASIAPRODI, PRODESSA, FODHAP e PROYDE os nosos dous programas en activo: Programa N’oj (sabedoría) de mellora da calidade educativa e Programa B’an Chuinklal (bo vivir) de mellora das…

Moitas novas!

Moitas novas!

Bos días dende Guatemala! Xa levamos un par de semanas sen escribir polo que temos moitas cousas que comentar. Como xa vos contaramos na entrada anterior, estivemos uns días en Quetzaltenango, fuxindo da calor para traballar nos planos da escola nova para a comunidade Victorias III, en Champerico. Na semana seguinte voltamos á costa, á…

Tráiler ‘La escuelita del Manchón’

Tráiler ‘La escuelita del Manchón’

El Manchón, unha pequena comunidade en Guatemala, non ten escola. Pero Stefany con só dez anos ten claro un soño: quere construír para o seu pobo unha escola branca, con xanelas grandes por onde pase o vento. Un soño que se fará realidade grazas ao traballo desa comunidade e o apoio de Arquitectura Sen Fronteiras, que…

Derradeira semana PCR

Derradeira semana PCR

Ola! Aquí chegamos coa nosa derradeira semana en Guatemala, aínda que temos que confesar que non toda a pasamos alí. Decidimos deixar para o final a nosa viaxe para coñecer un pouco máis aquela terra e, unha vez máis, tivemos a sorte de contar coa nosa compañeira expatriada Marta Fernández. Agora que xa estamos de…

Moito que contar!

Moito que contar!

Bos días a todas e a todos! Coma sempre, tivemos unhas semanas ben cargadiñas de traballo e non tivemos tempo para escribirvos un pouco máis sobre a nosa experiencia. Pero aquí estamos outra vez, con máis novas. Hai vinte días tivemos unha semana “todoterreo”, con traballo de oficina en Reu, estancia en El Manchón e…

1 2 3