O pasado 23 de marzo Mulleres Colleiteiras asinuo un novo convenio para o ano 2018 con Edar Bens SA, a empresa supramunicipal responsable da depuración das augas residuais de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. O seu director Carlos Lamora subliñou o grande traballo realizado pola cooperativa que no pasado 2017 cuadriplicou a cantidade de aceite doméstico recollido…
Mulleres Colleiteiras – Habitando Ep.22
O Proxecto Mulleres Colleiteiras naceu hai cinco anos a iniciativa do grupo de Cooperación Local de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, co obxectivo de aproveitar a capacidade de traballo das mulleres dos asentamentos de As Rañas e A Pasaxe. Tras unha proba piloto recollendo aceite doméstico usado no Barrio de Montealto, aprendendo dos erros e os…
Resolución da Convocatoria Praza de Encargada na Cooperativa Mulleres Colleiteiras
Reunido o comité de avaliación da Convocatoria dunha praza de Encargada na Cooperativa Mulleres Colleiteiras, e tendo en conta os criterios expostos nos Termos de Referencia, informouse por correo electrónico a súa resolución ás persoas interesadas. Moitas grazas a todas polo seu interese en traballar en Arquitectura Sen Fronteiras
Convocatoria praza de encargada na cooperativa Mulleres Colleiteiras
Contexto do Proxecto Social Mulleres Colleiteiras O proxecto de inserción socio-laboral Mulleres Colleiteiras baseado na recollida de aceite vexetal usado para a súa reciclaxe, consta de dúas partes diferenciadas e complementarias: o proxecto social e a cooperativa. En Abril de 2013 comeza un proxecto piloto no barrio de Montealto coa participación de 23 mulleres en…
DiversidArte organiza unha exposición fotográfica sobre Mulleres Colleiteiras
Do 16 ao 31 de decembro a cita en Coruña será DiversidArte, unha mostra de arte que aposta pola diversidade, xa que como pon a súa páxina web todo o que imos ver, escoitar, sentir, saborear, bailar e disfrutar está feito por persoas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social. Exposicións de pintura,…
Mulleres Colleiteiras na Feira de Proxectos de Vida Feministas e Finalistas Ecoembes
O pasado 26 de novembro, xusto un día despois do Día Internacional Contra as Violencias Machistas, celebrouse no coruñés Mercado de San Agustín a Feira de Proxectos de Vida Feministas, unha iniciativa de Experiencias Feministas de Pardo Bazán a prol da igualdade e para visibilizar proxectos desenvolvidos por mulleres. Mulleres Colleiteiras acudiron puntuais á cita para informar sobre…
A Illa do Reciclaxe de Mulleres Colleiteiras no Festival Mar de Mares
O labor de Mulleres Colleiteiras vai máis aló de recoller o aceite doméstico usado que a xente deposita nos contenedores que temos distribuídos pola cidade. Aproveitamos calquera oportunidade que nos brindan para concienciar á xente sobre o perigo que supón para o medio ambiente o seu verquido incontrolado, especialmente o moito que contamina cando chega ao mar. Por…
Asinado convenio entre o Proxecto Social Mulleres Colleiteiras e a Concellería de Igualdade da Coruña
O Proxecto Social Mulleres Colleiteiras acaba de asinar un convenio coa Concellería de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, tal e como fixo público a concelleira Rocío Fraga en rolda de prensa celebrada o 26 de agosto na que estivémos presentes. O Proxecto Social Mulleres Colleiteiras, en colaboración coa Cooperativa Mulleres Colleiteiras, enfócase ás…
Mulleres Colleiteiras, Premio Solidarios ONCE 2016
O 12 de xullo no Teatro Colón da Coruña, ás oito da tarde, a ONCE entregaba os seus Premios Solidarios 2016. Con eles recoñece anualmente ás empresas, organizacións, medios de comunicación, persoas físicas e estamentos da administración pública que máis contribuísen á defensa e apoio da integración das persoas con discapacidade e doutros colectivos en…
Mulleres Colleiteiras nos informativos da TVG
Os informativos da TVG hai pouco adicaron unha nova á Cooperativa Mulleres Colleiteiras, impulsada por Arquitectura Sen Fronteiras Galicia: