Tecedoras do Cambio na Coruña

Tecedoras do Cambio

O pasado 21 de decembro inaugurouse na Coruña a exposición fotográfica “Tecedoras do Cambio. Ata alí acudimos a invitación da Coordinadora Galega de ONGDs e o Concello da Coruña. Unha das protagonista da exposición é Juventina López, membro de ASIAPRODI, compañeira e amiga de ASF en Guatemala.

Na inauguración de Tecedoras do Cambio

Con Tecedoras do Cambio a CGONGD aproxímanos ao traballo de 15 mulleres que se significaron pola súa loita diaria por conseguir unha vida digna para as persoas que conforman as súas comunidades. Unha homenaxe que nos ensina que outro mundo é posible.

Juventina López en Tecedoras do Cambio

A exposición permanecerá na Praza de Pontevedra ata o 5 de febreiro. Se non podes achegarche tamén está dispoñible en liña na web da Coordinadora.

Tecedoras do Cambio

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.