Tráiler ‘La escuelita del Manchón’

El Manchón, unha pequena comunidade en Guatemala, non ten escola. Pero Stefany con só dez anos ten claro un soño: quere construír para o seu pobo unha escola branca, con xanelas grandes por onde pase o vento. Un soño que se fará realidade grazas ao traballo desa comunidade e o apoio de Arquitectura Sen Fronteiras, que xunto a PROYDE e as organizacións locais ASIAPRODI e PRODESSA está a promover unha educación de calidade nas comunidades máis empobrecidas do país.

AGARESO, testemuña neste proceso, plasmouno nun documental xa estreado tanto en Guatemala como Galicia. ‘La escuelita del Manchón’ proxectarase nas principais cidades galegas en próximas datas que iremos publicando na nosa web e redes sociais. Mentres tanto, deixámovos co tráiler do documental.

Ficha Técnica

  • Dirección: Antonio Grunfeld Ríus
  • Producción: Lara Medín López, Adrián Ferreiro Pérez, Rebeca Cuevas y Marta Fernández
  • Fotografía: Pablo Santiago Martínez
  • Guión: Rocío Cadahía Fernández
  • Edición: Antonio Grunfeld Ríus
  • Una producción: ASF Galicia e AGARESO
  • Financiación: Concello de Santiago

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.